Mércores, 27 Agosto 2008 21:12 |
Tony Butt explica neste artigo como interactúa a corrente do Golfo nas nosas vidas e que trocos nos pode ocasionar o quecemento global da Terra. No filme The Day After Tomorrow unha xeira de eventos catastróficos sucédense como consecuencia do quecemento global do planeta; a atmosfera arrefría nuns segundos centos de graos, aparecen enormes tormentas e fortes xeadas, o hemisferio norte parece vivir outra Era de Xeo. Todo isto por mor do arrefriamento dunha parte crucial do sistema océano-atmosfera no Atlántico Norte. Aínda que a película parece unha tolemia, a idea en que está baseada non o é tanto. Numerosos científicos climáticos están a estudar esta posibilidade. Semella que un incremento de auga doce no Atlántico Norte por mor do quecemento global pode interferir co fluxo natural da auga quente a altas latitudes, arrefriando o fluxo dun xeito considerábel. O clima no norte de Europa é abondo máis quente ca na mesma latitude da outra beira do océano, e por iso aínda se pode surfear no inverno en Irlanda, Gales, Escocia, Inglaterra e Noruega. Por mor deste constante movemento de auga quente a través do océano, a Corrente do Golfo. Sen esta corrente moitos spots surfeiros estarían xeados todo o inverno. Con todo isto quero salientar a importancia do movemento das correntes mariñas non só polo seu efecto nas temperaturas da auga superficial senón pola súa importacia en todo o funcionamento do noso planeta. |
Ler máis...
|