Publicidade:
O máis visitado este mes
- 17 anos de mentiras! 17 anos de loita! Chapapote Nunca Máis!
- Voltan as Gony Z Series 2019
- Un surftrip por Galicia
- De viaxe por Galicia
- Skimboard en Areabrava
- Rutina con Pablo Montero
- Entrevista a Gony Zubizarreta - Surfing.es
- Entrevista a Extixu Extremo
- Nova sesión en Illa Pancha - 12/11/2019
- I Xornadas de Surf e Desenvolvemento Sostible
O nível do mar subirá 35 cm a mediados de século na Galiza por mor da mudanza climática |
Mércores, 03 Setembro 2008 17:37 | |
![]() Os efectos da mudanza climática na costa galega céntranse principalmente no aumento da cota de inundación que chegará a 35 cm a mediados de século (como se pode observar na imaxe) e no aumento da enerxía da ondada. Estas previsións recentes do Ministerio de Medio Ambiente amosan un panorama máis aveso cós anteriores que fixaban en 50 cm o aumento do nível do mar máis probábel na Península Ibérica para finais de século. Alén diso, se a mudanza ambiental supera os límites fisiolóxicos das especies (osíxeno disolto, temperatura, salinidade) pódense producir severos danos. As especies que se cultivan sen suplemento alimentar e de xeito extensivo pódense ver afectadas. Acharíanse neste caso os moluscos: mexillóns, ameixas, ostras e vieiras nas rías galegas. Este feito suporía un prexuízo social e económico moi importante prá Galiza. Fonte orixinal: http://www.verdegaia.org
|