Cultura Ciencias Mariñas En perigo os mamíferos mariños pola contaminación acústica dos océanos
En perigo os mamíferos mariños pola contaminación acústica dos océanos
Mércores, 17 Setembro 2008 09:48

A IFAW fai un chamamento para unha acción internacional urxente contra o ruído nos océanos.

A actual contaminación acústica dos océanos do mundo considera unha ameaza tan seria para os animais marítimos que unha acción internacional urxente debe ser tomada para responder a esta ameaza, segundo un informe alarmante de IFAW.

O informe, Ruído do Océano ( .pdf en inglés): avísanos dun crecente ruído artificial no mar - en particular producido por barcos, radares ultrasónicos e revisións sísmicas - interfire coa comunicación dos mamíferos marítimos, dramaticamente trocando o seu comportamento e perxudicando a súa saúde e ata matando a algunhas baleas e golfiños.

“A humanidade afoga literalmente aos mamíferos marítimos,” dixo Robbie Marsland, o Director do IFAW na Gran Bretaña.“ Namentres naide sabe as consecuencias precisas para os animais específicos, a menos que a comunidade internacional tome medidas preventivas probablemente descubriremos demasiado tarde o dano terrible que causamos por mor das fontes de ruído no Océano.” Nas últimas catro décadas dolouse a cantidade de ruído en cada unha das décadas segundo  o Océano Pacífico study*.

A flota de barcos comerciais é identificada como a fonte de ruído máis grande e perxudicial, O IFAW prevé que no 2025 a flote mercante dobre ou triplique o seu tamaño. O informe alerta da posibilidade de que os mamíferos mariños xa non se poden comunicar mediante os seus sons pra falar entre eles, cazar, atopar compañeiros, navegar e outras costumes sociais. Agora a capacidade de comunicación das baleas azuis reduciuse considerablemente segundo este informe.

Outra das ameazas son os radares ultrasónicos militares empregados pra detectaren submarinos, estes radades producen ondas de ata 200 decibelios e poden producir severos danos nos sistemas auditivos dos mamíferos. En xuño 26 arroces morreron en Cornualles despois dunhas prácticas militares sen que ninguén asuma estas mortes.


 
2 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: