Xornadas sobre o Medio Mariño en Ferrol |
Domingo, 18 Xaneiro 2009 12:52 | |||
- Exposicións fotográficas. - Presentación de videos. - Conferencias sobre o estado da Ría de Ferrol e a vida mariña. Dende SurfGZ animamos a xente a pasar por estas xornadas pra coñecer mellor o estado actual da nosa costa. Venres 30 de xaneiro 12h. – Apertura da exposición “Azul e Branco” – “A Natureza Galega” 18:30h. – Presentación do vídeo “Proxecto polar” Dende hai uns anos vimos comprobando a existencia de xacementos fósiles de cetáceos modernos nos fondos mariños da plataforma continental. Pescadores locais obteñen en redes de arrastre espécimes destes fósiles que datan do Mioceno e Plioceno, na súa maioría en excelente estado de conservación, de estratos con lodos, fosfatados e cunha escasa concentración de carbonato cálcico. Conferencia impartida por Ismael Miján Vilasánchez Integrante da XDL da SGHN Ferrol. Os cetáceos, uns animais complexos adaptados a un medio tan alleo e hostil como é o mar, posúen uns mecanismos fisiolóxicos de adaptacións froito da evolución dende os primeiros antepasados, hai uns 50 millóns de anos, termorregulación, locomoción ou algo tan fundamental como o aleitado das crías baixo a auga. Conferencia impartida pola Doutora Nuria Alemañ do Departamento de Anatomía e Producción Animal da Facultade de Veterinaria de Lugo (USC) As tartarugas mariñas teñen unha antigüidade de máis de 100 millóns de anos e ao longo da súa historia foron capaces de sobrevivir a cambios no medio, incluso a aqueles que orixinaron a desaparición dos dinosauros. Nembargante, poucas décadas de actividades humanas (saqueo de ovos, captura de exemplares adultos, pesca accidental, contaminación, destrucción de hábitats,...) as puxeron en serio perigo de extinción. Conferencia impartida por Sonia Aguiar Berea integrante da XDL da SGHN Ferrol As tarefas de asistencia á fauna mariña ameazada inclúense no marco dun convenio de colaboración da Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA) coa Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. A Unidade de Coidados Intensivos (UCI) creouse para atender a focas e tartarugas en primeira fase de recuperación, na que polas súas doenzas precisan tratamento veterinario e coidados especiais, xa que polo xeral os animais chegan moi débiles e non saben ou non poden alimentarse por eles mesmos. Conferencia impartida por Juan Ignacio Díaz da Silva Coordinador de Mamíferos Mariños da SGHN. Estudio da situación actual da ría e das súas capacidades. Cunha superficie, entre flota e a pé de ata catro millóns de metros cadrados, cos principais bancos de marisqueo en A Malata e Caranza, nos que o 90 por cento da extracción corresponde a Ameixa babosa. Unha zona de producción que podería significar ata dez millóns cadrados de territorio aptos para o marisqueo, tralo seu saneamento. Impartida polo Biólogo da Cofradía de Barallobre e membro da SGHN Ferrol, Joan Ferreiro Caramés. ![]() Noticia orixinal en http://sghnferrol.blogspot.com/2009/01/xornadas-sobre-o-medio-mario.html
|
Novidades:
- Fechado por Obras!
- Dreamy Longboard Surfing Galicia
- Convocada a 1ª Proba da Liga Galega de Bodyboard en Barrañán/Valcobo
- Campionato 30 Aniversario Arealonga Surf - 25 de Xuño
- Eric Rebiere: Sunset surf Ferrol
- Surfeando nas Catedrais con Carrecedo
- Surf e Tapas no Orzán
- Convocado o I Log Jam Festival en Bastiagueiro
- Surfing con Marcos Heinrich