Cultura Ciencias Mariñas Festival Marea Alta - A Coruña do 16 ao 21 de Setembro
Festival Marea Alta - A Coruña do 16 ao 21 de Setembro
Luns, 15 Setembro 2014 00:00

FESTIVAL MAREA ALTA

Esta semana arranca na cidade da Coruña o Festival Marea Alta, un encontro artístico, educativo e lúdico de celebración e preservación do mar, que vai celebrar a súa primeira edición. Marea Alta é un encontro internacional arredor do mundo mariño que quere celebrar a importancia dos océanos como fonte de riqueza e recurso natural imprescindíbel. Ademais, procura concienciar a institucións, empresas e cidadanía da necesidade da preservación do ecosistema mariño para garantir a súa sostibilidade.

O Festival Marea Alta é un evento internacional e multidisciplinar que resalta a relevancia dos océanos na nosa vida cotiá e no que diversos creadores e expertos nos amosarán os últimos avances e creacións en campos tan apaixonantes como a pesca sostíbel, o fotoxornalismo, a gastronomía, a reciclaxe mariña, etc. Neste evento podedes visitar exposicións, obradoiros, proxeccións, encontros con artistas, científicos e representantes do sector industrial, debates, charlas e contacontos mercado, e actividades gastronómicas relacionadas coa contorna mariña.

E é, ademais, un foro de participación da cidadanía, no que se darán a coñecer, en profundidade e de forma colaborativa, os problemas dos nosos mares. O Festival Marea Alta tamén presentará e promoverá diversas iniciativas para preservar o ecosistema. Todos xuntos podemos contribuír a mellorar a saúde do mar. O Festival Marea Alta terá unha duración de seis días, do martes 16 ao domingo 21 de setembro, coincidindo co Congreso Internacional do ICES, cun programa de actividades que se prolongará, ademais, durante os 45 días que as súas exposicións permanezan abertas. Durante este tempo, A Coruña converterase na capital da defensa e conservación do mundo mariño.

Agardámosvos nesta primeira edición do festival de celebración do mar.

Benvidas e benvidos!

+ info na web do evento:

http://www.festivalmareaalta.org

{fcomments}

 
6 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: