Temos augas tropicais na costa galega? |
Luns, 29 Setembro 2014 00:00 | |||
Este ano estamos a ter na costa galega a auga máis quente das últimas décadas superando nas Rías Baixas os 21ºC grados e polo tanto ideal pra surfear con bañador e licra. Esquema circulatorio da corrente do Golfo. Isto en si pode ser unha boa noticia de non ser pola súa relación coa desaparición da corrente do Golfo que se está a deter e polo tanto hai menos movemento nos fluxos de auga océanica, novas especies subtropicais están a ser pescadas na nosa costa e as especies autóctonas están a ser desprezadas polas novas especies e polos cambios de temperatura. Non sabemos como vai afectar todo isto pero o que está claro é que algo está a pasar xa que non é normal. Debemos preocuparnos moito polo mar e pola súa saude xa que nos vivimos para o mar. De momento o único que podemos facer e aproveitar pra surfear cos vellos neoprenos 3x2 rotos e esperar que se manteña todo o mes. Efecto do quecemento global sobre a Corrente do Golfo Podedes aprender máis sobre a Corrente do Golfo en: http://gl.wikipedia.org/wiki/Corrente_do_Golfo http://oceancurrents.rsmas.miami.edu/atlantic/gulf-stream_3.html
|
Novidades:
- Dreamy Longboard Surfing Galicia
- Convocada a 1ª Proba da Liga Galega de Bodyboard en Barrañán/Valcobo
- Campionato 30 Aniversario Arealonga Surf - 25 de Xuño
- Eric Rebiere: Sunset surf Ferrol
- Surfeando nas Catedrais con Carrecedo
- Surf e Tapas no Orzán
- Convocado o I Log Jam Festival en Bastiagueiro
- Surfing con Marcos Heinrich
- Os mellores momentos do Cabreiroa Junior Pro Ferrol