Para cando unha agrupación galega da Surfrider Foundation? |
Luns, 11 Abril 2016 21:34 | |||
Na actualidade a Surfrider Foundation conta con máis de 10.500 membros por toda Europa que fan posíbel o seu traballo grazas as súas doazóns e aportacións económicas. Grazas a todas estas persoas existe un forte movemento de protesta que traballa pola saúde das costas e a protección do medioambiente e das ondas. Tristemente en Galiza non existe un grupo organizado que colabore con eles mais existen clubes e persoas que si colaboran en accións puntuais como limpezas de praias. Estas son as persoas que dirixen o equipo europe da Surfrider Foundation Hoxendía contan con máis de 40 grupos locais por toda Europa e esperamos que pronto poidamos contar cun grupo de acción local galego que se integre na organización.
Novo vídeo de denuncia do Lixo nas praias Tamén na súa páxina podes denunciar puntos de contaminación na costa europea dende a seguinte ligazón: http://www.surfrider.eu/en/take-action/testify-a-pollution + info na súa web oficial: http://www.surfrider.eu Canle no Youtube: https://www.youtube.com/user/surfridereurope/videos {fcomments}
|
Novidades:
- Dreamy Longboard Surfing Galicia
- Convocada a 1ª Proba da Liga Galega de Bodyboard en Barrañán/Valcobo
- Campionato 30 Aniversario Arealonga Surf - 25 de Xuño
- Eric Rebiere: Sunset surf Ferrol
- Surfeando nas Catedrais con Carrecedo
- Surf e Tapas no Orzán
- Convocado o I Log Jam Festival en Bastiagueiro
- Surfing con Marcos Heinrich
- Os mellores momentos do Cabreiroa Junior Pro Ferrol