Festival Mar de Mares do 19 ao 24 de Setembro na Coruña |
Xoves, 31 Agosto 2017 19:08 | |||
A cuarta edición do Festival Internacional Mar de Mares celebrarase na Coruña entre os días 19 e 24 de setembro de 2017 cun completo programa de actividades que se prolongará durante o tempo que as súas exposicións permanezan abertas, ata o 19 de novembro. O festival é un evento multidisciplinar, unha celebración en torno ao mar que ten como obxectivo sensibilizar e inspirar á comunidade na protección dos océanos. Máis de 20 actividades para todos os públicos ao redor da conservación dos mares e a súa importancia nas nosas vidas: exposicións, obradoiros, proxeccións, encontros, concertos, storytellings, visitas intermareais e o xa tradicional Mercado do Mar, que terá lugar os días 23 e 24 de setembro.
Vídeo promocional da edición 2016 O mar é muller. A edición deste ano centrará a súa mirada na muller e a súa vinculación co mar, a través de encontros con mulleres que explicarán o seu traballo nun mundo tradicionalmente masculino e da presenza de Cristina Mittermeier, unha das fotógrafas e biólogas máis recoñecidas e influentes a nivel internacional, que visita España por primeira vez e expoñerá o seu traballo na Coruña. Arte. Ecoloxía. Ciencia. Reflexión. Gastronomía. Fotoxornalismo. Educación. A celebración dos océanos. Tedes + info en: http://festivalmardemares.org/ https://twitter.com/FestMardeMares
|
Novidades:
- Dreamy Longboard Surfing Galicia
- Convocada a 1ª Proba da Liga Galega de Bodyboard en Barrañán/Valcobo
- Campionato 30 Aniversario Arealonga Surf - 25 de Xuño
- Eric Rebiere: Sunset surf Ferrol
- Surfeando nas Catedrais con Carrecedo
- Surf e Tapas no Orzán
- Convocado o I Log Jam Festival en Bastiagueiro
- Surfing con Marcos Heinrich
- Os mellores momentos do Cabreiroa Junior Pro Ferrol