Venres, 14 Xuño 2019 08:39 |

Mais outra nova webcama na nosa costa grazas a Caión Surf House e Camaramar! |
Ler máis...
|
Luns, 13 Maio 2019 08:36 |
Velaquí tedes unha interesante reportaxe feita por Surfing.es ao equipo de Meteogalicia no que explican como e porque aparecen as ondas no mar. |
Luns, 06 Maio 2019 18:58 |

Desde hoxe xa podedes ver o estado do mare na costa de Baldaio grazas á nova webcam de camaramar e ao restaurante Pedra do Sal.
|
Ler máis...
|
Mércores, 03 Abril 2019 19:22 |

A marca galega de surf Ula Ola ven de presentar unha nova tecnoloxía 100% galega de fabricación de quillas de surf con materiais orgánicos e quixemos falar con Pablo Blanco pra coñermos máis sobre este interesante proxecto de I+D no mundo do surf. A continuación tedes a historia destas novas quillas.
Cando analizamos a industria do surf cun ollo crítico atopamos unha serie de feitos que dende fai tempo parecen inamovibles. A elección de materiais para fabricar quillas parece ser un deles. Deixando de lado versións de baixa calidade feitas con plásticos inxectados, o material rei das quillas é o chamado G10 e as súas variantes.
O G10 é como se denomina a un composto de resina poliester/epoxi + fibra de vidro. Este material ofrece cualidades bastante boas de flexibilidade e durabilidade, é sinxelo de mecanizar e lixar, á vez que ten inconvintes evidentes que coñece todo aquel que o teña traballado. Por exemplo, as partículas resultantes do lixado do vidro nas quillas é áltamente canceríxeno se é respirado polos traballadores. O proceso de endurecemento da resina de poliéster non é menos preocupante, xa que se emiten vapores difícilmente filtrables polas máscaras que usamos. Unha exposición prolongada resulta fatal, aínda máis en talleres pequenos nos que carecemos das condicions óptimas de ventilación e aspiración. 
|
Ler máis...
|
Xoves, 28 Marzo 2019 10:25 |
Vídeo dunha sesión de surf con quilla Foil e prancha con motor na praia de Santa Cristina. Este prototipo fabricado con fibra de carbono ten unha autonomía de 50 min e fixo un percorrido de 15,31km.
|
Luns, 27 Agosto 2018 20:18 |

Xa temos a primeira serie de ceras Ula Ola para surf despois dun ano de traballo. Feitas con cera virxe de abella procedente da Comunidade de montes en mancomún do monte Raño en Irixoa. |
Ler máis...
|
Xoves, 09 Agosto 2018 09:50 |

Despois de moito traballo e moita espera xa temos online a nova web de Camaramar.com con novas melloras técnicas e un deseño adaptado a teléfonos e tablets. Novas cámaras dende varios portos galegos e tamén en praias como na zona sur de A Lanzada. |
Ler máis...
|
Venres, 24 Novembro 2017 10:22 |
O Instituto Tecnolóxico de Galicia leva tempo desenvolvendo un trebello, chamado Flythings surf, pra podermos aplicar a telemetría ao mundo de surf e poder coñecer todos os datos dun surfeiro cando esta a sobre a onda. Deste xeito e posíbel saber todo o relacionado con forza dos xiros e a velocidade na onda, e facilitar a comprensión do noso xeito de surfar.
|
Luns, 22 Maio 2017 15:01 |

Grazas a Oxigeno Surf, o Restaurante Area Grande e o traballo de Camaramar.com temos unha nova #webcam na praia de SanRoman (Area Grande) #camaramar
|
Ler máis...
|
Mércores, 17 Maio 2017 09:38 |
Novo vídeo oficial do Wavegarden Cove coa explicación en inglés do elevado número de ondas que poden conseguir en pouco tempo. Como podedes ver no video é posíbel producir ondas cada 8 segundos na piscina experimental pero no novo deseño falan dun tempo de 4 segundos entre dúas ondas. Eles mesmos falan no vídeo de acadar 1.000 ondas por hora. |
Ler máis...
|
Mércores, 10 Maio 2017 14:30 |
Depois de varios anos de investigación e desenrolo hoxe temos a posibilidade de coñecer o novo proxecto de onda artificial de Wavegarden Cove. Esta nova onda abre novas oportunidades polo seu baixo custe e pode ser o futuro do surf xa que afirma conseguir ata 1000 ondas por hora e sete tipos de onda diferentes según o nivel seleccionado. |
Ler máis...
|
Xoves, 16 Marzo 2017 11:49 |

Xa podemos ver a tempo real o estado do mar na praia de Pantín grazas ao traballo de Camaramar.com e a colaboración de "Las Olas By Pantin". Deste xeito e posíbel coñecer o estado das praias máis importantes de Ferrolterra como Doniños, Pantin e Valdoviño e aforrar tempo e diñeiro en desprazamentos innecesarios.
|
Ler máis...
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>
|
Páxina 1 de 6 |