Mércores, 10 Maio 2017 14:30 |
Depois de varios anos de investigación e desenrolo hoxe temos a posibilidade de coñecer o novo proxecto de onda artificial de Wavegarden Cove. Esta nova onda abre novas oportunidades polo seu baixo custe e pode ser o futuro do surf xa que afirma conseguir ata 1000 ondas por hora e sete tipos de onda diferentes según o nivel seleccionado. |
Ler máis...
|
Xoves, 16 Marzo 2017 11:49 |

Xa podemos ver a tempo real o estado do mar na praia de Pantín grazas ao traballo de Camaramar.com e a colaboración de "Las Olas By Pantin". Deste xeito e posíbel coñecer o estado das praias máis importantes de Ferrolterra como Doniños, Pantin e Valdoviño e aforrar tempo e diñeiro en desprazamentos innecesarios.
|
Ler máis...
|
Luns, 14 Novembro 2016 00:00 |

Xa temos unha nova surfcam na vila de Caión pra ofrecer imaxes a tempo real con vista panorámica da praia e facilitar os desprazamentos e aforro de gasolina na procura de ondas. Deste xeito dende Fisterra ata Bastiagueiro temos a posibilidade de coñecer o estado actual do mar grazas ao traballo de Manu e Camaramar. |
Ler máis...
|
Martes, 16 Agosto 2016 11:19 |

Camaramar presenta unha nova webcam en Bastiagueiro con imaxes de calidade a tempo real e movemento coa que podes aforrar tempo e gasoil nos teus desprazamentos grazas a colaboración con Prado Surf Escola e as súas novas instalacións.
|
Ler máis...
|
Mércores, 04 Maio 2016 21:11 |
Novos vídeos da piscina de ondas de Kelly Slater Wave Company con grandes surfeiros internacionais invitados pra probar esta nova tecnoloxía que está a ser a revolución do surf artificial deste século.
|
Ler máis...
|
Martes, 01 Marzo 2016 16:20 |

Cando comezamos a nosa andaina hai máis de sete anos atrás, Internet estaba chea de blogs de surf con fotos de sesións por toda a nosa costa dende o Eo ata o Miño, reflexións sobre materiais e tipos de pranchas, estado das praias, vídeos antigos e moitas outras cousas. Cada mes aparecían un ou dos novos blogs que nos enviaban mensaxes e invitacións pra coñecer a súa iniciativa. De feito a finais de 2008 contabamos con máis de 30 blogs amigos na nosa costa con bastante actividade. Sete anos despois e coa chegada das Redes Sociais, Facebook e Twitter fundamentalmente, estes blogs foron morrendo pouco a pouco e agora mesmo soamente podemos atopar uns poucos blogs con contidos actualizados e que manteñen unha boa actividade como son: |
Ler máis...
|
Martes, 29 Decembro 2015 10:17 |
The Seabin Project é un proxecto pra construir unha máquina de limpeza de aspiración que filtra a auga do mar nos peiraos e recolle todo o lixo flotante do seu arredor. Seabin siginifica en inglés literalmente papeleira do mar. Este proxecto fundado por Andrew Turton e Pete Ceglinski, residentes nas illas Baleares está a sorprender a moitos pola eficacia. Debaixo tedes o vídeo do funcionamento do trebello.
|
Ler máis...
|
Xoves, 24 Decembro 2015 09:59 |

Hoxe temos a boa da nova dunha surfcam HD na praia de Razo grazas ao traballo de Camaramar e maila colaboración de Artsurfcamp.com e Teiron Nights. A nova cámara mostra a tempo real o estado do mar en Razo e Baldaio.
|
Ler máis...
|
Luns, 13 Xullo 2015 00:00 |
Camaramar.com acaba de presentar a súa nova versión web adaptada a tablets e smartphones pra mellorar a usabilidade e facilitar o seu uso en todo tipo de pantallas. Deste xeito a web de información meteorolóxica e de cámaras nas praias da un paso adiante na súa modernización facilitando o noso acceso a tempo real a moitos areais galegos e no cantábrico. 
|
Ler máis...
|
Martes, 02 Decembro 2014 09:40 |
Xa te podes descargar de balde a nova versión BETA de Camaramar de probas da súa aplicación para Android en Google Play e deste xeito estar informado das previsións na túa praia local e poder preparar millor os teus surfaris pola costa. Camaramar é unha web xestioda polo rider de Ribeira, Manuel del Río, na que podes ver as mareas, imaxes en directo de varias praias galegas e cantábricas, as previsións para os vindeiros días e tamén info importante das diferentes praias con recomendacións pra durmir e comer. Podes descargar a aplicación en: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.app.camaramar
|
Ler máis...
|
Venres, 26 Setembro 2014 13:23 |
Northcore presenta un innovador colgador con imán pra colgar os neoprenos no portón traseiro do coche. O imán está recuberto de silicona negra para non dañar a carrocería do coche ou furgoneta. Unha grande idea pra facilitar o secado dos neoprenos sen estropear o coche.
Disponible en Surfmarket.org por 18€ + gastos de envío. |
Ler máis...
|
Luns, 18 Agosto 2014 00:00 |
Comezamos a semana cunha boa nova para os que facedes moitos kilómetros todos os meses xa que grazas ao traballo de Camaramar.com, o portal de previsións e surfcams máis importante da nosa costa, acaba de presentar unha nova surfcam na praia de Aguieira. Deste xeito podemos ver as condicións nun novo spot a tempo real e aforrar desprazamentos innecesarios. 
|
Ler máis...
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>
|
Páxina 2 de 6 |