Cultura Tecnoloxía
Tecnoloxía
Novas Webcams na Costa Galega
Luns, 31 Marzo 2014 00:05

Comezamos a semana coa noticia da nova instalación de dúas novas surfcams na nosa costa grazas ao traballo de Camaramar.com na praia das Furnas, no Porto do Son e outra na praia de Caión. Estás dúas novas webcams aforrarán tempo e diñeiro en desprazamentos a moitos riders das zonas e permiten ver a tempo real ambas praias destacando a calidade de imaxa nas Furnas. En breves esta cámara de Furnas terá un desprazamento pra mostrar tamén o areal de Río Sieira.

Surf Galicia webcams

Ler máis...
 
Malpica Surf presenta a súa aplicación para móbil
Domingo, 19 Xaneiro 2014 20:55

A web galega Malpica Surf presentou o pasado mes a súa aplicación pra teléfono móbil coa que podes ler noticias e ver previsións do tempo nas túas praias favoritas. O seu directorio de ondas conta con 63 ondas con info sobre as mareas grazas a colaboración de Camaramar.com e tamén info sobre o spot.

A aplicación permite ler as últimas novas sobre o mundo de surf e tamén conta cun apartado de webs amigas.

Ler máis...
 
Camaramar.com presenta unha cámara con Stream en Razo
Domingo, 01 Decembro 2013 18:44

Agora xa podedes coñecer o estado do mar a tempo real na praia de Razo grazas ao traballo de Camaramar.com en colaboración con Artsurfcamp. Esta nova cámara permite ver en directo e de seguido con 'streamming' as ondas e o tempo na praia dende o teu portátil pero agora tamén dende o teu smartphone.

RAZO SURF

Ler máis...
 
Camaramar.com estrea surfcam en Mar de Fora
Luns, 17 Xuño 2013 12:27

Estea semana comezamos coa boa nova dunha nova surfcam na praia de Mar de Fora no corazón da Costa da Morte e que vai aforrar moitos desprazamentos innecsarios os días de pouco mare. Esta nova webcam é posíbel grazas ao traballo de Camaramar.com.

Ler máis...
 
Apresentado o novo Wave Garden!
Luns, 10 Xuño 2013 08:59

Xa está aquí o novo Wave Gargen con mellores ondas que o ano pasado. Supervídeo con estrelas mundiais do surf como Gabriel Medina e Taj Burrow que proban esta nova onda no interior de Euskadi. Será este o surf do futuro?

Ler máis...
 
SurfMarket.org lanza un novo Directorio de Ondas
Domingo, 05 Maio 2013 12:29

Surfmarket.org ven de lanzar un Directorio de Ondas que sirva como Guía de Ondas e Praias onde facer surf. Despois de varios meses de traballo en colaboración con varios blogueiros, escolas e fotógrafos da nosa costa como José Morandeira, Jesús Busto, Fotosplino, Oti Fernández, Yago Chamorro, Benito Oliveira, Julián Fotosurf, Prado Surf Escola, Iron Mountain, Kike Aradas e Pantín Surf Camp xa contamos con 46 spots de surf en Galicia.

Ler máis...
 
Surfmarket.org estrea nova imaxe web!
Luns, 15 Abril 2013 00:00

Surfmarket.org ven de renovar completamente a imaxe da súa web cun novo logo e unha web + moderna e adaptada aos teléfonos e tablets. Esta web galega de material de surf novo e de segunda man xa superou os 1.000 usuarios rexistrados na súa web e os 1.000 anuncios publicados. Nas Redes Sociais non para de crecer superando os 2.000 followers no Twitter e o milleiro de seareiros no Facebook. Tamén están a facer un bo traballo no Pinterest ofrecendo un exemplo a seguir neste nova rede social moi de moda nos Estados Unidos.

surf segunda mano

Ler máis...
 
HOTTIES Wetsuits: una nova marca para a Industria Galega de Surf
Martes, 27 Novembro 2012 19:22

HOTTIES WETSUITS é unha nova marca galega de neoprenos feitos cos mellores materiais e con acabados personalizables até o máis mínimo detalle. Para esta tempada Inverno 2012/13 Hotties Wetsuits ten dispoñibles os seguintes modelos: CYCLOPS 4/3 e 3/2 con peche dianteiro horizontal, OURS 4/3 e 3/2 con peche dianteiro diagonal, FRIED 5/4/3 con peche dianteiro diagonal.

Hotties Wetsuits

Ler máis...
 
Nova surfcam en Oliñas grazas a Camaramar.com
Luns, 26 Novembro 2012 00:05

Comezamos a semana cunha boa nova para os riders da Mariña que xa poden ver en directo o estado do mar en Oliñas e aforrar algo de diñeiro en desprazamentos co coche ata este areal da costa norte de Lugo. Esta nova surfcam está dispoñíbel grazas ao traballo do equipo de Camaramar.com

OLIÑAS SURF

Ler máis...
 
Camaramar.com estrea unha surfcam en Valdoviño
Luns, 06 Agosto 2012 00:01

Surf Valdoviño

Esta semana temos outra nova webcam en Galicia grazas a Camaramar.com e desta vez na praia de Valdoviño cunha imaxe xeral da praia e que servirá aos surfeiros locais pra saber se paga a pena desprazarse ou ver o estado do vento e ondas a tempo real pra usalo como referencia na súa procura de ondas.

Ler máis...
 
Nova Surfcam no Barbanza grazas a Camaramar.com
Luns, 30 Xullo 2012 00:01

Xa temos unha nova surfcam na costa de Porto do Son grazas a Camaramar.com e o restaurante das Furnas. Agora podemos coñecer o estado do mar a tempo real nunha das praias máis constantes de Galicia. Algúns pensarán que isto é unha mala noticia mais pra nós é un avance poder publicar que xa temos a posibilidade de ver as ondas na praia das Furnas antes de gastar os nosos euros nas abusivas peaxes e tirar litros de gasoil polas estradas galegas.

AS FURNAS SURF

Ler máis...
 
Nova Surfcam na Praia da Lanzada!!
Luns, 28 Maio 2012 00:00

Camaramar.com sorpréndenos outra vez cunha nova webcam nunha espectacular praia situada na provincia de Pontevedra e no corazón das Rías Baixas, a praia da Lanzada.

Agora podedes aforrar tempo e diñeiro en gasolina pra saber a tempo real o estado das ondas.

Esta nova surfcam é froito da colaboración entre Tartaruga Surf, Hotel Samar e Camaramar.com
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 6

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: