Cultura Tecnoloxía
Tecnoloxía
Camaramar estrea nova imaxe web!
Luns, 27 Febreiro 2012 00:00

O proxecto Camaramar.com anova a súa imaxe web cando vai cumprir un ano de existencia e superando as 1000 visitas o día. Deste xeito esta potente ferramenta recomendada por SurfGZ como a mellor web de surfcams e previsión de vento, ondas e choiva, mellora a sua accesibilidade e o seu formato.

CAMARAMAR

Ler máis...
 
Wavegarden UK
Venres, 27 Xaneiro 2012 01:55

A empresa basca Wavegarden está desenvolvendo unha nova onda artificial na cidade inglesa de Bristol. Nestes momentos están tramitando as licenzas co obxetivo de abrir na primavera do 2013. Esta vai ser unha boa oportunidade de comprobar o potencial e a rendabilidade deste proxecto comercial xa que vai ser posible que xente de zonas de interior poidan sentir o surf.

Ler máis...
 
Pickle Wax supera o noso Test de Material
Xoves, 12 Xaneiro 2012 00:05

Este mes estivemos probando o Pickle Wax que recibimos e querémosvos contar que a publicidade é certa e este produto permite limpar unha prancha de surf de parafa dun xeito rápido, cómodo e doado. Leva o seu tempo e tedes que rascar primeiro o groso e logo darlle duro ó brazo pero a prancha queda como nova. Isto é perfecto pra lle facer un bo mantemento ás nosas pranchas ou antes de vendela de segunda man.

Ler máis...
 
Gony usa Pickle Wax Remover!
Xoves, 22 Decembro 2011 16:10

Se non sabedes que lle regalar a un surfeiro estas navidades podedes probar a mercarlle un Pickle Wax Remover por 14 € e deixalo contento con este novo xoguete que limpa as pranchas de surf ata deixalas brillantes. Neste video de Gony podedes ver os resultados do Pickle.

Ler máis...
 
Nova imaxe de Surfmarket.org para o Nadal!
Mércores, 30 Novembro 2011 00:00

A nosa web irmá Surfmarket.org ven de estrear a nova imaxe de Nadal e novas melloras na accesibilidade da web: novos menús de Perfil e Anuncios, cambios de disposición nos módulos e outras melloras técnicas. Nestes últimos meses superou os 500 anuncios activos, 450 usuarios rexistrados e máis de 500 seguidores no Facebook. Gracias a todos e todas!!

Ler máis...
 
Como limpar unha prancha de surf en 5 minutos?
Xoves, 17 Novembro 2011 10:38

A  resposta é sinxela, empregando Pickle Remover, un novo produto revolucionario que dentro de pouco tempo vai estar no maleteiro de todos os surfeiros do mundo. Este producto é doado de usar, rápido, ecolóxico e non contén produtos químicos agresivos. Terminaron os tempos de usar o secador do pelo, augarrás ou as máquinas de auga a presión para limpar as táboas de surf.

Vídeo demostrativo do Pickle Remover

Ler máis...
 
Camaramar.com consolídase como unha das mellores web de previsión de ondas e vento
Luns, 19 Setembro 2011 15:24

A nova web www.camaramar.com en tan só 7 meses de vida consolidouse como unha boa ferramenta para todos os amantes do mar e non tan amantes, da costa Cantábrica e Atlántica da penísula ibérica. Primeiro traballaron en ofrecer predicións meteorolóxicas, mareas, tamaño de ondas, ventos, lúas, amenceres, atardeceres, temperatura ambiente, temperatura da auga ara 5 días e actualizandose cada 3 horas. Agora presentan un novo módulo para ver o estado das praias en tempo real, actualizandose cada 30min, onde nos ofrecen un rádar que nos indica xustamente as zonas de choiva, a humidade relativa, o vento, temperatura e o tempo.


Ler máis...
 
Billabong V1 - Neopreno pra Ondas Xigantes
Xoves, 11 Agosto 2011 00:00

En 2010 Shane Dorian tivo un dos piores wipeouts da súa vida e estivo a piques de morrer afogado. Depois desa dura experiencia tivo unha idea pra fabricar un neopreno que tivese un pequeno airbag que se pode encher de aire e subir ao rider ata superficie. Tedes toda a info no vídeo.

Ler máis...
 
Test Pukas Leds en Artsurfcamp [VIDEO]
Luns, 27 Xuño 2011 17:56

A fin de Semana do 18 de xuño a xente de Artsurfcamp e os riders de Pukas Surfboards, Mario Azurza e Jaime Azpiroz, probaron as pranchas co sistema de iluminación mediante tecnoloxía led de Pukas con boas ondas, que cadraron xusto diante do Surf camp. O test foi de madrugón ás 6.0 A.M na praia de Razo.


Ler máis...
 
Surfmarket.org supera os 300 anuncios activos!
Domingo, 19 Xuño 2011 00:01

Sete meses despois do nacemento de Surfmarket.org, as cifras de visitas da nosa web irmá non para de medrar e iso tradúcese en máis de 330 anuncios activos, os 18.000 anuncios visitados ao mes, máis de 270 usuarios rexistrados e 320 fans no Facebook. Nas Rías Altas tedes 58 anuncios activos, na Costa da Morte 21 anuncios e nas Rías Baixas 68 artigos á venda.


Este mes a web implementou varias melloras como por exemplo, a posibilidade de inserir un vídeo nos anuncios de escolas de surf, surf houses e shapers. Tamén estamos traballando nas traduzóns ao francés, alemán e italiano dentro do noso compromiso por promover unha ferramenta aberta a todos os usuarios da web.

Ler máis...
 
A verdade sobre as parafas "orgánicas"
Luns, 18 Abril 2011 00:00

Hoxe apresentámosvos un informe publicado recientemente sobre as diferentes parafinas orgánicas que hai no mercado. Este estudo revela que varias destas marcas non son 100% orgánicas e teñen ceras derivadas do petróleo. É importante denunciar este tipo de enganos xa que podes ser un deses riders que emprega parafa orgánica pra non contaminar e pode que esteas a ser víctima dun engano.

As marcas analizadas neste estudo son: MATUNAS, GREENFIX, TERRAWAX, RAMSON, FAMOUS GREEN LABEL e STICKY BUMP SOY WAX.

SURF WAX

Ler máis...
 
CamaraMar.com - Nova Web de Previsións
Martes, 29 Marzo 2011 19:00

Camaramar.com é unha nova web feita dende Galiza e Euskadi de moita utilidade para os riders da nosa costa. Nesta nova web tedes previsións de ondas, vento, mareas e varias webcams en diferentes spots galegos que podedes ver empregando os vosos teléfonos (Android, Vivaz, Iphone, en modo web). A web aínda está en fase de construcción pero xa a podedes utilizar.

CAMARAMAR

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>

Páxina 4 de 6

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: