Martes, 29 Marzo 2011 19:00 |
Camaramar.com é unha nova web feita dende Galiza e Euskadi de moita utilidade para os riders da nosa costa. Nesta nova web tedes previsións de ondas, vento, mareas e varias webcams en diferentes spots galegos que podedes ver empregando os vosos teléfonos (Android, Vivaz, Iphone, en modo web). A web aínda está en fase de construcción pero xa a podedes utilizar. 
|
Ler máis...
|
Martes, 01 Febreiro 2011 00:00 |
Despois de máis de 3 meses probando a paráfina ecolóxica Green Fix querémosvos recomendar o seu emprego nas vosas pranchas. Esta parafa ten moitas vantaxes que merecen ser resaltadas como por exemplo, que non se derrite ao sol, é 100% orgánica e non contamina a praia, e o máis importante é que agarra moi ben cando estás a surfar enriba da prancha. 
|
Ler máis...
|
Xoves, 02 Decembro 2010 09:47 |
Máis de 90 anuncios publicados en Surfmarket.org!
A nosa web irmá SurfMarket.org leva nos seus 30 primeiros días de vida unhas 3.000 visitas, 17.000 páxinas visitadas e 91 anuncios publicados por 73 usuarios rexistrados. Estes datos amosan o grande interés da xente da praia nesta web e demostran a utilidade desta ferramenta online.
Se queres comprar ou vender artigos de 2ª man, xa podes pasar por SurfMarket.org e ir pensando que lle vas pedir ao Reis este nadal.
|
Ler máis...
|
Martes, 23 Novembro 2010 13:00 |
Despois de dous meses de test de material dos protectores Sorky-Protection publicamos este artigo onde recollemos as nosas impresións sobre este fabuloso e innovador sistema.
Os Sorky-Protection protexen completamente os oídos e non permiten o paso da auga. Tamén son cómodos e fáciles de colocar e retirar grazas a súa forma. |
Ler máis...
|
Xoves, 14 Outubro 2010 19:00 |
O noso terceiro test de material deste ano vai analizar a nova parafina ecolóxica de Green Fix, unha parafina de gama alta 100% natural e orgánica. Esta parafa xa foi probada en diferentes partes do planeta con moi bos resultados. Nós imos facer un test dobre probando a parafa en auga das Canarias e Galiza ao mesmo tempo. Logo publicaremos un artigo con comentarios sobre este novo producto que pode axudar a manter limpas as nosas praias.
|
Ler máis...
|
Xoves, 23 Setembro 2010 00:00 |
Sorky-Protection é un novo sistema de protección para os teus oídos feito de silicona e unha membrana que permite o paso da presión e non ter perdas de equilibrio.
Este mes de outubro imos facer o noso segundo test de material probando este novo producto surfeiro de Sorky-Protection e logo publicaremos un artigo no que vos comentaremos as nosas impresións sobre este novo sistema de protección de oídos. |
Ler máis...
|
Venres, 21 Maio 2010 00:00 |
Sordos Surf Waves - Os guantes de neopreno son para mellorar a remada e facela máis potente e rápida ao coller ondas, foron moi empregados polos surfeiros da década dos 80 e agora os bodyboards seguen usándoos.
Un deseñador xapones fixo uns guantes de silicona para os dedos dende o pulgar ata o meñique, con estas lubas podes mover as mans dun xeito máis lixeiro e ter máis forza na remada. |
Ler máis...
|
Luns, 17 Maio 2010 07:00 |
Sordos Surf Waves - O deseñador Marco De Santi fixo unha táboa de rescate “TITUS” como prancha de surf para os socorristas ou salvavidas que saquen aos bañistas, esta prancha de surf con motor electrico ten catro aceleradores (dous diante e dous atrás), e dúas correas para atar á victima con mais seguridade e non necesita remos para chegar á praia. E o mellor vexas as fotos con detalles. 
|
Ler máis...
|
Sábado, 01 Maio 2010 01:00 |
Eiquí tedes o xeito de transformar unha onda mala nunha excelente esquerda. Isto foi posíbel grazasa a colaboración entre o Goberno da India e a empresa ASR Ltd. A onda foi rematada en febreiro de 2010. Alén do surf un dos obxetivos desta onda e reducir a erosión producida polas ondas na pequena vila de Kovalam. O reef tamén serve como habitat pra diferentes especies mariñas.
|
Ler máis...
|
Sábado, 10 Abril 2010 01:00 |
Despois de 2 meses de probas con este interesante candado surfeiro Surf Lock, publicamos esta nova pra darvos a coñecer as nosas impresións sobre este trebello. O candado é cómodo de levar, de abrir, de colocar e de fechar. Unha vez aparco o miña furgo o primeiro que fago e sacar as chaves do contacto e collo o candado. Vou pra parte dianteira e xa coloco o candado debaixo da defensa, no lugar que ten a furgo pra engancha-lo guindastre. 
|
Ler máis...
|
Luns, 15 Marzo 2010 01:00 |

Recibimos a noticia dun obradoiro de shape impartido por Daniel Puga "SEFÓN" en Lanzarote. Estes cursos de shape son de nivel básico, o curso vai dirixido a todas aquelas persoas que estean interesados en aprender a facer pranchas de surf. O curso é de 25 horas, 4 persoas por grupo e todo o material está incluido...
|
Ler máis...
|
Mércores, 03 Marzo 2010 01:00 |
Apresentámosvos neste artigo o candado máis surfeiro, chámase SurfLock e evita ter que agochar as chaves na roda ou debaixo dunha rocha ó carón do noso carro. Este é o primeiro test de material feito na web e imos publicar dous artigos sobre este interesante trebello. Este é o primeiro artigo de presentación e publicaremos outro máis ao remate do test dentro de oito semanas comentando a nosa expericiencia. |
Ler máis...
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>
|
Páxina 5 de 6 |