Cultura Tecnoloxía
Tecnoloxía
Hábitos de consumo no mundo do surf
Mércores, 25 Marzo 2009 13:14

O EuroSIMA Cluster realizou durante os pasados meses de Agosto e Setembro do 2008 (en colaboración coa axencia ARCANE Institut) un estudo de tendencias de consumo de material de deporte de auga (surf/skate/snowboard) baseado nunha mostra representativa de 4.200 persoas entre 15 e 35 anos en sete países Europeos (Francia, Alemaña, Italia, Portugal, España, Suíza, e o Reino Unido).

Ler máis...
 
Afotando dende o ceo!
Mércores, 25 Febreiro 2009 17:56

Dende o web de Buenas Olas chega esta nova dun novo xeito de sacar fotos e videos dende o ceo sen ter que contratar un helicóptero. A fotografía aérea para surf non é nada novo, moitas das imaxes e vídeos que vemos e sesións grandes de tow-in, campionatos como Eddie Aikau, etc. fanse desde helicópteros, pero non se poden achegar moito polo consecuente perigo e molestias aos surfeiros.

Ler máis...
 
Linguaxe surfeiro de sordos
Mércores, 05 Novembro 2008 18:11

Hai moitos sordos ou aficionados ao surf que no saben a linguaxe de signos sobre surf. Atopei no blog de Sordossurfwaves.blogspot.com iste debuxo e pareceume moi interesante. O debuxo foi feito por un australiano Gasch Gaschk que é surfeiro e sordo; é aficionado a debuxar.

Nel podes mirar 3 signos diferentes segundo a práctica deportiva; surfing, bodyboard e tablón.

Ler máis...
 
Fazendo Reef Artificiais
Mércores, 27 Agosto 2008 21:47

Hoxe en día por mor da crecente presión urbanística nas nosas costas existen certas partes da costa europea onde a masificación surfeira é evidente. Na nosa Terra temos o exemplo de Patos onde un Domingo con boas ondas podémonos atopar con máis de 200 surfeiro/as na procura de ondas perfectas.

Se isto segue a medrar así nuns cantos anos a saturación producida vai dar tanto noxo que o surf perderá o seu valor máis importante, a sensación de liberdade e independencia que produce a súa práctica. Un xeito de potenciar o surfing na Galiza, e na Europa, sería a fabricación de reef artificiais en praias cunha ondaxe forte que sempre rompe en barra, tamén conhecido coma "cerrojo".

Nesta reportaxe podes aprender como montar un reef artificial, sempre que tenhas os cartos necesarios. Mais entre todos e todas poderiámolo acadar. Que tal estaría ter un Pipeline en Samil???

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>

Páxina 6 de 6

Outras noticias que tamén che poden interesar:

Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: