Fin do Test de Material - SurfLock |
Sábado, 10 Abril 2010 01:00 | |||
Despois de 2 meses de probas con este interesante candado surfeiro Surf Lock, publicamos esta nova pra darvos a coñecer as nosas impresións sobre este trebello. O candado é cómodo de levar, de abrir, de colocar e de fechar. Unha vez aparco o miña furgo o primeiro que fago e sacar as chaves do contacto e collo o candado. Vou pra parte dianteira e xa coloco o candado debaixo da defensa, no lugar que ten a furgo pra engancha-lo guindastre. Saco a roupa e métome no meu neopreno. Collo a prancha, bótolle parafa e fecho a furgo. Gardo as chaves no candado, féchoo e márchome cara a auga máis tranquilo que nunca. Tamén o estou empregar os días normais que non collo ondas pero paso o día na praia. Deste xeito xa non teño preocupacións. Este é o candado que toda persoa debe levar no seu carro. :) Podedes comprar varios tipos de candados para o voso coche e furgoneta en: http://www.surfmarket.org/gl/anuncios-tenda/accesorios-coche {fcomments}
|
Novidades:
- Fechado por Obras!
- Dreamy Longboard Surfing Galicia
- Convocada a 1ª Proba da Liga Galega de Bodyboard en Barrañán/Valcobo
- Campionato 30 Aniversario Arealonga Surf - 25 de Xuño
- Eric Rebiere: Sunset surf Ferrol
- Surfeando nas Catedrais con Carrecedo
- Surf e Tapas no Orzán
- Convocado o I Log Jam Festival en Bastiagueiro
- Surfing con Marcos Heinrich