Cultura Tecnoloxía Test de Material: Green Fix - Parafina Ecolóxica
Test de Material: Green Fix - Parafina Ecolóxica
Xoves, 14 Outubro 2010 19:00

O noso terceiro test de material deste ano vai analizar a nova parafina ecolóxica de Green Fix, unha parafina de gama alta 100% natural e orgánica. Esta parafa xa foi probada en diferentes partes do planeta con moi bos resultados. Nós imos facer un test dobre probando a parafa en auga das Canarias e Galiza ao mesmo tempo. Logo publicaremos un artigo con comentarios sobre este novo producto que pode axudar a manter limpas as nosas praias.

O seu proceso de elaboración é bastante artesanal. Faise en pequenos lotes con moitos controis de calidade. A súa calidade e compromiso co medio ambiente fixéronlle valedora do premio EuroSima 2009 ao mellor proxecto de innovación ecolóxica.

Proceso de fabricación de GreenFix

Esta parafina está fabricada en Francia e non precisan de gastar enerxía en transporte dende outras partes do planeta. Este ano a fabricación de esta parafina ecolóxica evitou a difusión de 2,5 toneladas de CO2 (por comparación con parafinas importadas de California ou China).

O proceso é bastante artesanal

As fórmulas naturais utilizadas para crear Green Fix fan que a cera non se derrita pois a fórmula para auga fría se derrite a 60 graos. Isto supón unha evolución con respecto ás anteriores marcas de parafina ecolóxicas, que tenden a derretirse a temperaturas relativamente baixas. Isto é algo que a nosa roupa e tapicería do coche agradecerán sen dúbida.

Green Fix é unha empresa con moita conciencia e destina o 1% dos seus beneficios "for the planet" e colabora coa Surfrider Foundation.

Green Fix ten 5 fórmulas diferentes:

  • Parafina Base
  • Extra Cold
  • Cold
  • Cool/Warm
  • Tropical

Anímate a probar esta nova parafa e axuda a manter limpas as nosas praias!.

Nestes intres buscan un distribudor para o Estado Español e que a partir de febreiro 2011 vai ser distribuida nas Illas Canarias.

Máis info en:

http://naturaltechnology.fr

 
5 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: