Sorky Protection - Test de Material |
Xoves, 23 Setembro 2010 00:00 | |||
Este mes de outubro imos facer o noso segundo test de material probando este novo producto surfeiro de Sorky-Protection e logo publicaremos un artigo no que vos comentaremos as nosas impresións sobre este novo sistema de protección de oídos. Os protectores de Sorky están feitos con silicona e teñen un deseño ergonómico e incorporan unha membrana que permite a respiración interna do oído pero non deixa pasar a auga. Un innovador sistema que está completamente pensado para os practicantes de surf e bodyboard. Este protector é apto para todo tipo de oídos 1º Paso: Introduce o protector no teu oído 2º Paso: Empurra o protector co teu dedo. 3º Paso: Tira da orella cara atrás. 4º Paso: empurra o protector co bastón auxiliar e xa podes ir pra auga!
|
Novidades:
- Fechado por Obras!
- Dreamy Longboard Surfing Galicia
- Convocada a 1ª Proba da Liga Galega de Bodyboard en Barrañán/Valcobo
- Campionato 30 Aniversario Arealonga Surf - 25 de Xuño
- Eric Rebiere: Sunset surf Ferrol
- Surfeando nas Catedrais con Carrecedo
- Surf e Tapas no Orzán
- Convocado o I Log Jam Festival en Bastiagueiro
- Surfing con Marcos Heinrich