A verdade sobre as parafas "orgánicas" |
Luns, 18 Abril 2011 00:00 | |||
Hoxe apresentámosvos un informe publicado recientemente sobre as diferentes parafinas orgánicas que hai no mercado. Este estudo revela que varias destas marcas non son 100% orgánicas e teñen ceras derivadas do petróleo. É importante denunciar este tipo de enganos xa que podes ser un deses riders que emprega parafa orgánica pra non contaminar e pode que esteas a ser víctima dun engano. As marcas analizadas neste estudo son: MATUNAS, GREENFIX, TERRAWAX, RAMSON, FAMOUS GREEN LABEL e STICKY BUMP SOY WAX. Cada día máis xente está preocupada pola protección do medio ambiente e aparecen máis produtos "verdes" por todas partes, especialmente na industria do surf. A parafina é un accesorio necesario que todos empregamos e por iso varias marcas lanzaron ao mercado diferentes fórmulas verdes estes 3 últimos anos. Nos paquetes destas marcas podes atopar as seguintes mensaxes:
O laboratorio francés RESCOLL Société de Recherche en Bordeaux analizou estas 6 parafas orgánicas e atopou que soamente unha GreenFix é 100% orgánica e libre de ceras de orixe petroquímicas. As parafas de Sticky Bump e Famous Green Label están feitas con cerás de orixe orgánico pero presentan trazas de ceras petroquímicas. E finalmente temos que resaltar que as parafas de Matunas, Terrawax e Ramson están feitas con ceras derivadas do petróleo e poden ser perigosas para a saúde no noso mar. Tede moito coidado e non vos fiedes destes tres parafas: Matunas, Terrawax e Ramson Podedes descargar este informe enteiro facendo click nesta ligazón: DESCARGAR INFORME PARAFINAS ORGÁNICAS (PDF) More information on Rescoll: http://www.rescoll.fr/gb/ RESCOLL Société de Recherche Plateau Technique ENSCPB 16, av. Pey-Berland F-33 607 PESSAC
|