Wavegarden UK |
Venres, 27 Xaneiro 2012 01:55 | |||
A empresa basca Wavegarden está desenvolvendo unha nova onda artificial na cidade inglesa de Bristol. Nestes momentos están tramitando as licenzas co obxetivo de abrir na primavera do 2013. Esta vai ser unha boa oportunidade de comprobar o potencial e a rendabilidade deste proxecto comercial xa que vai ser posible que xente de zonas de interior poidan sentir o surf. Este proxecto consta dunha onda artificial, que pode chegar ao metro e medio e ter un percorrido de 55 segundos, arrodeada de xardíns botánicos, zona de surf e unha pequena praia para as familias con edificios ecolóxicos e sustentabeis. O proxecto ten unha pinta moi interesante polo tipo de onda e ser a semente do surf mundial do século XXI. Seguiremos informando. Fonte da nova: http://www.surfermag.com/Wavegarden-uk/
|
Novidades:
- Fechado por Obras!
- Dreamy Longboard Surfing Galicia
- Convocada a 1ª Proba da Liga Galega de Bodyboard en Barrañán/Valcobo
- Campionato 30 Aniversario Arealonga Surf - 25 de Xuño
- Eric Rebiere: Sunset surf Ferrol
- Surfeando nas Catedrais con Carrecedo
- Surf e Tapas no Orzán
- Convocado o I Log Jam Festival en Bastiagueiro
- Surfing con Marcos Heinrich