Surfmarket.org estrea nova imaxe web! |
Luns, 15 Abril 2013 00:00 | |||
Surfmarket.org ven de renovar completamente a imaxe da súa web cun novo logo e unha web + moderna e adaptada aos teléfonos e tablets. Esta web galega de material de surf novo e de segunda man xa superou os 1.000 usuarios rexistrados na súa web e os 1.000 anuncios publicados. Nas Redes Sociais non para de crecer superando os 2.000 followers no Twitter e o milleiro de seareiros no Facebook. Tamén están a facer un bo traballo no Pinterest ofrecendo un exemplo a seguir neste nova rede social moi de moda nos Estados Unidos. A nosa web irmá é o portal de surf galego máis grande e xa supera as 60.000 páxinas visitadas cada mes por uns 10.000 usuarios que compran e venden material entre particulares e profesionais. Se tedes material na casa que non usades podedes subir anuncios e conseguir algo de diñeiro pra comprar novas cousas. O vindeiro mes imos lanzar un directorio de ondas a nivel mundial integrado en Surfmarket no que levamos traballando dende hai un par de meses e que conta coa participación de moitos fotógrafos e riders galegos. Podes seguir a SurfMarket en:Visita SurfMarket:http://www.surfmarket.org{fcomments}
|
Novidades:
- Comunicado FGS: Convocatoria seleccionadores e director/a técnico/a
- Illa Pancha Challenge - Canal do Chumbo
- Novo comunidado FGS: mobilidade praias
- Minisurf en Prado
- O mellor do Illa Pancha Challenge 2021
- Illa Pancha Challenge 2021
- Entrevista a Martina Álvarez | My Surf Coach
- FGS - Comunicado deporte federado
- Surf en Praia América