Quen carallo matou os Blogs de Surf? |
Martes, 01 Marzo 2016 16:20 | |||
Cando comezamos a nosa andaina hai máis de sete anos atrás, Internet estaba chea de blogs de surf con fotos de sesións por toda a nosa costa dende o Eo ata o Miño, reflexións sobre materiais e tipos de pranchas, estado das praias, vídeos antigos e moitas outras cousas. Cada mes aparecían un ou dos novos blogs que nos enviaban mensaxes e invitacións pra coñecer a súa iniciativa. De feito a finais de 2008 contabamos con máis de 30 blogs amigos na nosa costa con bastante actividade. Sete anos despois e coa chegada das Redes Sociais, Facebook e Twitter fundamentalmente, estes blogs foron morrendo pouco a pouco e agora mesmo soamente podemos atopar uns poucos blogs con contidos actualizados e que manteñen unha boa actividade como son: Desdelacroa: Blog de Jesús Busto con moitas entradas de sesións de surf por Ferrolterra e información dos comezos do surf en Galiza. Jahgo e o surf: Blog de Yago Baz e Arantza con fotos das súas viaxes e sesións. Respirando Salitre: Néstor Martínez dende Ferrol mostra as súas fotos e pensamentos máis surfeiros. Weekend Islands: dende a vila mariñeira de A Guarda, Elías mantén este blog de cultura longboard. Paul Montana: viaxes e sesións de surf de Pablo Montero, rider da Coruña. Aboiando: reflexións surfeiras do señor Rodaballo. Lamentamos moito a perda de blogs importantes como por exemplo o blog de Occy, o de Jandriño, o de Kike Aradas, o de Rubén Prieto na Costa da Morte, Pixual surf, Factoria de Olas e muitos outros que xa non conteñen información actualizada. Sen dúbida isto é unha gran perda para o noso mundo e agora todos somos máis dependentes do gran irmán e do mundo Facebook e Twitter pra nos comunicar e compartir as nosas experiencias. Gustarianos saber se coñecedes outros blogs activos de surf galegos. Por favor deixa o nome do teu blog favorito nos comentarios. {fcomments}
|
Novidades:
- Comunicado FGS: Convocatoria seleccionadores e director/a técnico/a
- Illa Pancha Challenge - Canal do Chumbo
- Novo comunidado FGS: mobilidade praias
- Minisurf en Prado
- O mellor do Illa Pancha Challenge 2021
- Illa Pancha Challenge 2021
- Entrevista a Martina Álvarez | My Surf Coach
- FGS - Comunicado deporte federado
- Surf en Praia América