Ula Ola presenta a súa parafina orgánica con cera de abellas galegas |
Luns, 27 Agosto 2018 20:18 | |||
Xa temos a primeira serie de ceras Ula Ola para surf despois dun ano de traballo. Feitas con cera virxe de abella procedente da Comunidade de montes en mancomún do monte Raño en Irixoa. Ingredentes: Cera de abellas, aceite de oliva e resina de piñeiro. Feita en Monfero, Galicia. Tedes + info no seu facebook: Ula Ola Surfboards E podes comprar este wax en: https://shop.ulaola.site/product/organic-bees-surfwax
|