Cultura Tecnoloxía Ula Ola presenta unha nova tecnoloxía de quillas ECO
Ula Ola presenta unha nova tecnoloxía de quillas ECO
Mércores, 03 Abril 2019 19:22

A marca galega de surf Ula Ola ven de presentar unha nova tecnoloxía 100% galega de fabricación de quillas de surf con materiais orgánicos e quixemos falar con Pablo Blanco pra coñermos máis sobre este interesante proxecto de I+D no mundo do surf. A continuación tedes a historia destas novas quillas.

Cando analizamos a industria do surf cun ollo crítico atopamos unha serie de feitos que dende fai tempo parecen inamovibles. A elección de materiais para fabricar quillas parece ser un deles. Deixando de lado versións de baixa calidade feitas con plásticos inxectados, o material rei das quillas é o chamado G10 e as súas variantes.

O G10 é como se denomina a un composto de resina poliester/epoxi + fibra de vidro. Este material ofrece cualidades bastante boas de flexibilidade e durabilidade, é sinxelo de mecanizar e lixar, á vez que ten inconvintes evidentes que coñece todo aquel que o teña traballado. Por exemplo, as partículas resultantes do lixado do vidro nas quillas  é áltamente canceríxeno se é respirado polos traballadores. O proceso de endurecemento da resina de poliéster non é menos preocupante, xa que se emiten vapores difícilmente filtrables polas máscaras que usamos. Unha exposición prolongada resulta fatal, aínda máis en talleres pequenos nos que carecemos das condicions óptimas de ventilación e aspiración.

Ula Ola Organic surf fins

Ben, pero a día de hoxe tempos alternativas?

Cando comecei a buscar novos materiais para as miñas quillas o primeiro no que pensei foi a madeira. Empreguei case un ano para acadar un producto funcional, aínda que caro e complexo de fabricar.  A maioría de fabricantes solventan este problema utilizando grandes cantidades de poliester e vidro. Isto mantén un aspecto impecable de quilla de madeira, pero o uso deses materiais acercaríame de novo ó que que pretendía evitar dende o comezo.

Entre un intento e outro, comecei a facer experimentos con laminados de alta presión de resinas fenólicas e fibras vexetais, un material comúnmente utilizado no sector da construción. Os resultados foron sorprendentes.

O material está composto entre un 60 ou 70% de papel kraft, sempre dependendo do fabricante. É lixeiramente menos flexible que o G10, pero de sobra máis resistente á fractura e ás inclemencias do medio.

A miña conclusión é que os traballos con este material son menos perigosos para a saúde, e é perfectamente posible que a metade do material teña orixe vexetal.

Ula Ola Organic surf fins


Asignaturas pendentes

A eliminación dos residuos de resinas fenólicas (coas que se fabrica este material) tamén me preocupa, ainda que no ano 2006 un estudio da universidade de Wisconsin demostrou que estas resinas son biodegradables mediante fungo xilófago (White-root fungi).

Outro proxecto en mente é traballar na creación de quillas de orixe 100% orgánico, compostas de ácido poliláctico (PLA) e fibras de madeira. Os ácidos poliláticos obtéñense de fontes vexetais como o millo. Sería unha opción moi interesante e rápida de fabricar co equipo axeitado.

Coido que chegou o momento de que os pequenos fabricantes e artesáns nos unamos na investigación de novos materiais para facer fronte a unha industria inmobilista. Só así poderemos cambiar dunha vez por todas o impacto do surf no medio ambiente que tanto castigamos.

----------------------------------------------------------------------

Podedes pasar pola tenda online de Ula Ola e facer o voso encargo en:

https://shop.ulaola.site/category/fins

----------------------------------------------------------------------

Novas relacionadas:

Conversa con Pablo Blanco de Ula Ola Surfboards

Ula Ola presenta a súa parafina orgánica con cera de abellas galegas

Surfeando madeira con Ula Ola



 
2 Votes
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: