Estreamos nova imaxe no Twitter de @SurfGz |
Venres, 30 Novembro 2012 14:17 | |||
Hoxe estamos a piques de chegar aos 600 seguidores na nosa conta do Twitter e por iso aproveitamos o tirón despois de varias semanas de traballo pra mostrarvos a nova imaxe do Twitter cun fondo da praia de Pantín tomada este verán e con info das nosas outras canles de comunicación. Temos a vosa disposición tamén unha interesante lista con case 40 membros da Industria Galega do Surf formada pola Federación Galega de Surf, escolas, surfcamps, shapers e varias tendas de surf do País. Agradeceriamos moito a vosa opinión nos comentarios sobre o noso Twitter coa intención de mellorar. Tamén podedes facelo desde a vosa conta Twitter mencionando @surfgz nos vosos tweets. Tamén queremos aproveitar pra recomendar o hashtag #boasondas pra publicar as vosas fotos das sesións e poder facer procuras do estado do mar na costa. SurfGZ no Twitter: Listas de SurfGz: Industria Galega do Surf: https://twitter.com/SurfGz/industria-galega-de-surf Media Partners: https://twitter.com/SurfGz/surf-media-partners Surf Internacional: https://twitter.com/SurfGz/surfing-international Podedes suscribirvos a estas listas. Son de balde ;) Se queres descargar un manual PDF sobre Twitter para aprender máis sobre esta ferramenta podes facelo neste link: http://www.joomlaempresa.es/gl/descargas/extensions-gratis/libros-pdf/100-redes-sociales.html Moitas grazas a tod@s por seguirnos!
|