SurfGz.com - As Novas da Praia - Surf Galiza Longboard Paddle Bodyboard
Sesión tóxica de Eric Rebiere
Luns, 14 Agosto 2017 13:53

Presentámosvos este novo potente vídeo de Eric Rebiere co seu amigo e piloto João Guedes na esquerda máis tóxica de Galicia, unha das nosas ondas máis perigosas e tubeiras. Despois de varios anos surfeando esta onda complicada e moi técnica, Eric Rebiere consegue mostrarnos o seu gran control nos tubos. Un luxo poder contar con Eric na nosa terra abrindo ondas e dando clases aos novos valores da zona da Coruña e Ferrolterra.

Ler máis...
 
Portugal Rocks Bodyboard [VIDEO]
Luns, 22 Febreiro 2016 16:40

Resumo da viaxe realizada pola costa portuguesa con varios team riders de New Wave a comezos do 2016 con Cristian Pérez, Andrés Manso, Makako, Kalani Lattanzi e Antonio Cardoso. Gravado e editado por Angel Fotosplino.

Ler máis...
 
O Festival "Save the Waves" presente en Valdoviño este mes!
Mércores, 16 Agosto 2017 10:23


Este mes o Festival de Cinema Surf "Save The Waves" vai ter lugar no Concello de Valdoviño. O vindeiro 26 de Agosto ides poder ver unha selección dos mellores filmes de surf e natureza e o disfrute sostenible das zonas costeiras. Así é como se vive o mar! Esperámosvos o próximo sábado. Save the date!!

Velaquí tedes un vídeo con imaxes de edicións anteriores:

Ler máis...
 
Campionato Junior e Open de Surf en Pantín - 12 e 13 de Agosto
Venres, 11 Agosto 2017 08:44

Esta fin de semana vai ter lugar na praia de Pantín unha proba de surf Junior e Open, paddle surf e longboard do Circuíto Galego 2017.

Por mor das previsións de ondas non se van realizar as restantes probas nas outras modalidades.

Debaixo podes ver o vídeo oficial da edición 2016 do campionato en Pantín que foi un éxito de participación con moi boas ondas, longas e divertidas.

Ler máis...
 
Ruta de Paddle Surf na Coruña
Luns, 13 Xuño 2016 15:20

Fermoso vídeo duns amigos de ruta pola costa da cidade da Coruña co seu guía Hugo visitando a praia de San Amaro, o Paseo Marítimo ata Punta Herminia. Unha boa opción para esta época de poucas ondas.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 752
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: