Venres, 04 Marzo 2022 11:06 |

O colectivo Noia Limpa realizou este pasado sábado unha recollida de cabichas e residuos de cigarros polas rúas da vila de Noia na que se recolleron 5.150 cabichas. Na saída participaron un total de 20 persoas, que percorreron as rúas da vila en cinco grupos de traballo, segundo a zona que lles foi asignada: Labarta e paseo marítimo, Malecón de Gasset e contorna do Instituto Virxe do Mar, zona vella, Alameda e rúa Escultor Ferreiro ata o supermercado Gadis de San Lázaro.
|
Ler máis...
|
|
Domingo, 27 Marzo 2022 11:52 |

Estrutura do curso (Bloques):
1.Táctica de competición: Os puntos para ter en conta para competir ben e como adestralos. 2. Técnica de surf: Cales son os pasos para seguir para ter un surfing perfecto e todo o que hai que ter en conta. 3. Físico: Preparación física dirixida a todo competidor e non competidor para afrontar calquera situación dentro do surfing. 4. Materiais: Explicarei todo o que se debe de saber sobre as formas das táboas e os materiais para sacar o máximo rendemento dun surfeiro. 5. Psicoloxía: Neste bloque que é tan importante como os demais (ou máis), explicarei todos os recursos que hai que ter en conta para que psicoloxicamente sexamos fortes.
|
Ler máis...
|
Martes, 03 Maio 2022 17:33 |

Aprazada a 1ª Proba da Liga Galega de Longboard na Praia de Bastiagueiro, no Concello de Oleiros, o vindeiro día 21 de Maio. |
Ler máis...
|
|
Luns, 28 Marzo 2022 09:02 |

O colectivo Noia Limpa e Adega organizaron hoxe sábado unha limpeza de praias no areal de Río Sieira (Porto do Son), que ademais tivo unha especial protagonista, a Píllara das dunas, un paxaro que se reproduce nesta tempada e hai que ter especial coidado si se acode ás praias nas que aniña, xa que se considera que en Galicia está en perigo de extinción pola alteración do seu hábitat. A píllara reprodúcese en praias con dunas, lagoas e pouca vexetación nos meses de primavera e inicio do verán.
|
Ler máis...
|
Luns, 09 Maio 2022 09:03 |
Uns días durmindo na furgoneta Volkswagen t3, en Galicia. Ruta en bici, días de praia e surf cando as condicións foron boas con Maryam Portabales.
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
Páxina 6 de 853 |