Cartel
SurfGz.com - As Novas da Praia - Surf Galiza Longboard Paddle Bodyboard
DESAFIO FONTENLA: Galician big Waves
Venres, 13 Febreiro 2009 10:41

Publicamos un comunicado de Dani Rodríguez sobre un novo evento surfeiro nas Rías baixa: Aínda queda tempo para que entre un maretón, e para os que estean interesados en participar nunha proba amateur con ondas que roldarán os tres metros nace o: " SESION DESAFIO FONTENLA ". O obxectivo é surfear o spot en condicións boas de mar e vento, xa teñen o apoio de MISSION Surf Shop.

Ler máis...
 
Regalo de cumpreanos - Dani Almeida
Martes, 08 Xuño 2010 00:00

Despois de bastante sen publicar fotos de surf, o fotógrafo Dani almeida, ven de publicar no seu blog unha serie de fermosas fotos destes días por algún lugar afastado da nosa costa o mesmo día que cumpría anos. Parabens Dani! Neste artigo tedes 4 fotos pero podedes mirar máis no artigo de Dani.

Ler máis...
 
A dereita do río - 3ª Parte [VIDEO]
Luns, 07 Xuño 2010 00:05

Nova video entrega de Jesús Busto das espectaculares ondas que colleron os locais de Doniños durante o mes de maio. Segundo comenta o autor: "Maio foi un excelente mes de ondas. Tan boas que as imaxes se amontoan no computador sen tempo para editarse. Afortunadamente, ou desafortunadamente, non sempre é así. Se sempre rompese unha dereita como a destes días, imaxínome que a praia sería distinta a como a coñecemos, sobre todo porque as ondas estarían masificadas e sería imposible darse os baños case solitarios que moitas veces nos podemos aínda dar."

Ler máis...
 
Presentado o IV Curso Nacional de Adestradores
Xoves, 12 Febreiro 2009 12:30

A Federación española de surf presenta a IV edición do curso de nivel 1. Este curso, indispensable para subirse ao tren da profesionalización nas escolas de surf, facilita unha titulación aos monitores, técnicos ou adestradores, que será un dos requisitos básicos para que as escolas sexan recoñecidas como centros de ensino oficiais grazas ao seu caracter académico, contemplada dentro do sistema educativo o que a diferenza e desmarca claramente das anteriores titulacións, uns ensinos que estaban reguladas por normativas xeradas polas propias federacións ou escolas de adestradores, e que non tiñan validez académica ou profesional.

Ler máis...
 
Milo Castelo gana na praia da Lanzada
Domingo, 08 Febreiro 2009 12:47

O campión da proba de Longboard foi Walter Nieto. En bodyboard gañou Carlos Martinez. E na modalidade de surfing o campión foi Milo Castelo. 

Clasificacións do campionato!

LONG BOARD

1º WALTER NIETO

2º QUIQUE PINTOS

3º PERRY

4º ALBERTO RIECO

5º SERGIO LAGE

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 841 842 843 844 845 846 847 848 849 850 Seguinte > Final >>

Páxina 841 de 854


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia.

Levamos traballando dende 2008 e publicamos máis de 5.000 novas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: