Cartel
SurfGz.com - As Novas da Praia - Surf Galiza Longboard Paddle Bodyboard
Ondiñas veñen e van...
Venres, 23 Xaneiro 2009 12:37

Estes días veñen máis ondas directamente dende o Atlántico norte. É un bo momento pra sacar os noso pinchos, guns e longueiróns pra saír a mar aberto na procura deses picos que soamente rompen uns poucos días ao ano.

Esta imaxe é a previsión de ondas pra o domingo 25 as 12:00. Tedes toda a secuencia do que vai vir na páxina de Previsión de Ondas do Atlántico Norte

Boas Ondas!

 
Surf en Valdoviño [VIDEO]
Martes, 18 Maio 2010 01:00

Velaquí un fermoso video grabado nos areais de Valdoviño, Cobas, Campelo e Doniños. Surfing, ondas e paisaxes que amosan a fermosura da nosa costa.

Ler máis...
 
Line Up Primaveral e Secuencia de Pablo Irisarri
Luns, 17 Maio 2010 08:00

Segundo comenta Occy no seu blog, esta primavera non teñen moitas ondas na costa de Ferrolterra pero cando as ondas chegan están sendo de moi boa calidade.Nesta foto tedes un clásico "line up" da costa ártabra. Na segunda parte deste artigo tedes unhas fotos espectaculares dun tubazo en Doniños de Pablo Irisarri.


Ler máis...
 
Doniños 8/5/2010 [VIDEO]
Xoves, 13 Maio 2010 09:30

Video de surf de Jesús Busto grabado en Doniños o 08 de mayo de 2010. Más de sete minutos de surf en branco e negro con boas dereitas e os locais da praia disfrutando das ondas. Os surfeiros do video son: Luis Rodriguez, Kiko Sequeiro, Pablo, Curro Chao, Pablo Romero Occy, Rubén González, Miguel e Correlimos. Música do video: José Gonzalez - Cycling Trivialities

Ler máis...
 
Un domingo no Cordobés - Razo
Mércores, 12 Maio 2010 12:00

Velaquí unha escolma das fotos publicadas por Borja Ortiz na súa web de Olas de Galicia dunha boa sesión en Razo. O pico do cordobés é todo un clásico desta praia que solta boas ondas cando o mar está animado. Na foto tedes a Emerson facendo un xiro moi radical.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 841 842 843 844 845 846 847 848 849 850 Seguinte > Final >>

Páxina 844 de 854


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia.

Levamos traballando dende 2008 e publicamos máis de 5.000 novas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: