Martes, 11 Maio 2010 07:36 |
Novas fotos dende o blog de Occy dunha das últimas sesións de Ferrolterra. As fotos son moi boas e os riders tamén como Oscar Vales, Santi Díaz, Aitor, Yoli e algúns máis... 
Santi Díaz |
Ler máis...
|
|
Luns, 10 Maio 2010 01:00 |
Velaquí tedes unha escolma das últimas fotos publicadas por Pabolinho no seu blog Nordeslizamento. Este blog é un dos máis activos da nosa costa e é un bo sitio que visitar cando andas na rede se queres ver a calidade do surf e bodyboard da costa ártabra. As paisaxes e a natureza son outros dos temas deste fotógrafo colaborador habitual da nosa web. Na foto: Tino

|
Ler máis...
|
Luns, 10 Maio 2010 01:00 |
Jesús Busto - Non hai nada mellor que dispor dun día libre no traballo e que este coincida con moi boas ondas. A marea cadraba perfecta, e por diante estaba todo o día para surfear e gravar. En total 4 horas na auga e 2 coa cámara. Sen dúbida un día completo. Ésto é só un pequeno adianto do vídeo que espero terminar de editar pronto. Namentres, xa estou a desexar poder dispor doutro día libre.
|
Ler máis...
|
|
Luns, 10 Maio 2010 02:00 |
Comezamos a semana cunhas fotos de Juan Jamardo e Miguel "Chetos" en Cantos feitas por Ángel Fotosplino. O día non era espectacular, Cantos un pouco tocado polo vento, pero esta onda non deixa de ser unha bomba cando unha boa serie entra na bahía e sempre podes rascar algún tubo enriba da laxe. 
|
Ler máis...
|
Martes, 04 Maio 2010 13:01 |
Velaquí tedes unhas fotos feitas por Antonio Díaz a derradeira fin de semana do mes de abril na praia de Soesto. Empezaron sen ondas no mar e remataron surfando unhas boas ondas na presenza de golfiños que tamén colleron algunha onda que outra. 
|
Ler máis...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 841 842 843 844 845 846 847 848 849 850 Seguinte > Final >>
|
Páxina 845 de 854 |