Cartel
SurfGz.com - As Novas da Praia - Surf Galiza Longboard Paddle Bodyboard
De Doñinos a Compostela | Camiñando sobre as ondas
Martes, 21 Xullo 2020 09:13

Kepa quedou na praia de Razo co seu amigo Gony Zubizarreta. Dirixirase cara ao Eco Museo Forno do Forte. Aquí retoma o roteiro tradicional do Camiño de Santiago e visitará Sobrado dos Monxes. Por fin, chegará a Santiago de Compostela, onde intercambiará impresións con outros peregrinos.


 
Esteiro Longboard
Sábado, 24 Outubro 2020 12:54

Día de longboard na praia de Esteiro en Xove coa compaña de Nacho Fernández e Xoel Ramos. Un vídeo de Trevor Jerome.

 
Change.org: SOS Praia de Altar
Xoves, 08 Abril 2021 10:33

O pasado 31 de marzo o BOE publicou o anuncio de exposición pública do proxecto "Adaptación do proxecto de estabilización da praia de Altar e do seu estudo de impacto ambiental, T.M. Barreiros (Lugo)".

O proxecto, cun custo de 3,5 millóns de euros, pretende realizar unha dragaxe na zona interior da ría do Masma e depositar a area na praia de Altar. O realmente grave deste asunto é que para garantir a retención da devandita area, preténdese  construír un espigón de 190 metros de lonxitude e 7 metros de altura de formigón armado cunhas enormes bancadas de granito que unan a praia coa illa que lle dá nome!

Ler máis...
 
Entrevista a Martina Álvarez | My Surf Coach
Xoves, 28 Xaneiro 2021 19:16

Entrevista a Martina Álvarez feita por Diego Martínez de My Surf Coach na que falan da súa traxectoria deportiva e da actualidade o pasado mes de setembro.

 
Camaramar: nova webcam en Patos
Domingo, 18 Abril 2021 11:17

Xa podemos ver as ondas en tempo real na praia de Patos, no Val Miñor, grazas ao traballo de Camaramar.com.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

Páxina 11 de 847


Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: