Empresas Surf Clubes Arealonga Surf Clube - Porto do Son

Arealonga Surf Clube - Porto do Son

Enderezo
Rúa Iglesia s/n, Porto do Son, A Coruña, 15970
Contacto
Curti
Teléfono
685 960 188
E-mail
Visitas
1036
O Arealonga Surf club nace en 1992 no Concello de Porto do Son. Fundado por un colectivo de surfeiros experimentados da zona, co obxectivo de darse a coñecer a través de eventos e competicións. O Arealonga chegou a ser promotor e membro activo de AGASURF (Asociación Galega de Surf), antesala do que máis tarde sería a FGS (Federación Galega de Surf).

Que facemos?

Impartir coñecementos teóricos co fin de alcanzar as actitudes e aptitudes necesarias para poder gozar do surf de forma segura e correcta.

Clases prácticas de surf e bodyboard durante todo o ano a través das escolas deportivas do Concello durante o curso escolar como clases por grupos en tempada estival.

Formar aos alumnos para que se incorporen ao equipo de competición do Arealonga, que actualmente compite tanto a nivel autonómico como nacional.

Fomentar tanto a educación deportiva como a mediambiental a través do coñecemento da nosa contorna.

OBXECTIVOS

Fomentar o deporte a traves do surf dunha forma segura e eficaz

Concienciar co medio ambiente tanto a pequenos como maiores, que o coñezan e respecten

Realización de eventos e competicións durante todo o ano.

Que se alcancen os coñecementos necesarios tanto a nivel de iniciación como de perfeccionamento por parte dos alumnos.

Actualmente contamos cunha sede que serve de recepcion de alumnos e punto de encontro. (Porto do Son estrada xeral N-550)

AREALONGA SURF ESCOLA

Tempada escolar

Parte das escolas deportivas do Concello de Porto do Son. Desenvolvemento de xornadas educativas de surf e mediambiente. Asesoramento deportivo.

Tempada estival.

Cursos de surf e bodyboard por grupos na praia de Rio Sieira. Asesoramento deportivo. Limpeza de praias e educación ambiental.
Imagenes (14)
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: