Océano Surf Clube - Ferrolterra
Teléfono
695493515
E-mail
Páxina Web
Visitas
2822
O Océano Surf Club fúndase no ano 1987 sendo o primeiro clube de surf creado en Galicia. A partir do ano 1988, e ata 2007, organiza o coñecido campionato Pantin Classic, que dende 1993 forma parte do circuito mundial de surf organizado pola ASP.
O Clube xogou tamén un papel fundamental na creación de Agasurf, da cal surxiría posteriormente a Federación Galega de Surf.
Foi tamén o impulsor da implantación dunha antena local da Surfrider Foundation na nosa comunidade, e da organización de limpezas de praias dende o ano 2000. As actividades medioambientais continuan tendo un papel moi relevante entre as actividades do clube.
Ao clube perteneceron e pertencen algúns dos máis importantes surfistas e bodyboarders galegos, e continuase impulsando a canteira. No ano 2012 o Clube recibía da Xunta de Galicia a distinción ao mérito deportivo pola súa labor impulsora do surf na nosa comunidade.