Empresas Surf Clubes Surfiños Clube - A Mariña

Surfiños Clube - A Mariña

Contacto
Brais Ledo
Enderezo
Teléfono
679 21 46 15
E-mail
Visitas
2088
Surfiños é un clube de Surf e Bodyboard principalmente, pero facemos tamén outros deportes xuntos como skimboard, mountainbike, skate, enduro, snowboard… A idea de crear este clube surxiu en setembro de 2008 cando, logo de máis de un ano quedando xuntos para coller olas, andar en skate, na bici e incluso tomarlle algo, víamos que nos xuntábamos os de sempre.

Así, un día empezamos a recopilar fotos e vídeos que tíñamos, fixemos o noso logo para poder ter unhas camisetas que nos representasen e fixémonos pasar polos "SURFIÑOS". Con ganas de facer eventos e campeonatos nos que pudiera participar máis xente, formamos en setembro do 2008 o noso clube actual, ao que pertencemos 30 surfistas de Foz e outros lugares da Mariña.

Para celebrar este nacemento sacamos á luz a nos a primeira película, Surfiños Film, donde se presentaba a cada un dos membros por aquel entonces e se recopilaron vídeos e fotos dos nosos comezos na agua. En youtube pódese ver o trailer desta primeira película "Surfiños - Film" e tamén o trailer da segunda parte "Surfiños The Return".

Cada ano organizamos o Trofeo San Lorenzo de Surf e Bodyboard co que vamos tendo éxito de participantes, rondando os 50 cada ano. Para rematar ben o ano tamén organizamos o Baño de Fin de Ano na praia Rapadoira en Foz. Organizamos escapadas á neve, rutas de MTB. Colaboramos co KM0 Surf Camp Deputación de Lugo.

Colaboramos nos eventos e campeonatos que realizan os nosos compañeiros do Clube Limosa en San Ciprián, e de North Shore en Barreiros. E apuntámonos a campionatos locais e todos os eventos deportivos e culturais da zona para axudar a promocionar o noso deporte e a nosa cultura.

BOAS ONDAS!
Imagenes (4)
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: