Empresas Escolas de Surf - Surfcamps Galicia Surf House As Furnas - Porto do Son

Surf House As Furnas - Porto do Son Destacado

Enderezo
Agra, 66. Xuño, Porto do Son, A Coruña
Contacto
Katy
Teléfono
+34 634 690 455
E-mail
Visitas
1130
Surf House As Furnas foi inaugurado en 2012. Rodeado por unha cadea montañosa que ofrece unha vista única da costa atlántica, e o seu interior fermoso e cómodo o Surf House é o lugar ideal para unhas vacacións inesquecibles.

Conta con cinco habitacións con cama dobre e unha habitación con dúas camas individuais. Cada habitación dispón do seu propio cuarto de baño. Na planta baixa hai unha cociña totalmente equipada, unha sala de lavandaría para o uso libre, un amplo comedor e unha acolledora sala de estar con TV e DVD, con acceso directo a unha das dúas amplas terrazas. En toda a casa hai Internet WIFI, así como DVDs, libros, xogos e información turística detallada sobre as diversas actividades e excursións pola zona.

O extenso xardín cunha gran cantidade de espazos verdes e o seu propio pequeno bosque ten moitísimo espazo para facer ioga, xogar un partido de fútbol ou simplemente relaxarse nunha das hamacas. Na caseta de madeira atoparás bicicletas e canas de pescar a disposición dos clientes así como unha rede de voleibol, raquetas de bádminton, xoguetes de praia, colchóns de aire, etc.

Os cursos de surf fanse exclusivamente en grupos reducidos (máx. 7 persoas). Isto permítenos responder os nosos participantes individualmente e, por tanto, unha aprendizaxe máis rápida nun ambiente agradable está garantido. O equipo de surf esta en perfectas condicións e cumpre cos últimos estándares de seguridade. As praias máis próximas ofrecen gran variedade de oportunidades para practicar o surf. Estan entre un e un máximo de 15 minutos en coche e inclúen praias como Vilar, Ladeira, Corrubedo, As Furnas e Río Sieira.

A temperatura da auga oscila entre 18 e 20 graos nos meses de verán, que adoita manterse, até finais de outubro. Para o surf e outros deportes acuáticos recoméndase un neopreno 3/2mm para os meses de verán e un 4/3mm neopreno para o resto do ano.

Tienes más información y precios en nuestra web!
Imagenes (8)
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: