Luns, 28 Marzo 2022 09:02 |

O colectivo Noia Limpa e Adega organizaron hoxe sábado unha limpeza de praias no areal de Río Sieira (Porto do Son), que ademais tivo unha especial protagonista, a Píllara das dunas, un paxaro que se reproduce nesta tempada e hai que ter especial coidado si se acode ás praias nas que aniña, xa que se considera que en Galicia está en perigo de extinción pola alteración do seu hábitat. A píllara reprodúcese en praias con dunas, lagoas e pouca vexetación nos meses de primavera e inicio do verán.
|
Ler máis...
|
Venres, 04 Marzo 2022 11:06 |

O colectivo Noia Limpa realizou este pasado sábado unha recollida de cabichas e residuos de cigarros polas rúas da vila de Noia na que se recolleron 5.150 cabichas. Na saída participaron un total de 20 persoas, que percorreron as rúas da vila en cinco grupos de traballo, segundo a zona que lles foi asignada: Labarta e paseo marítimo, Malecón de Gasset e contorna do Instituto Virxe do Mar, zona vella, Alameda e rúa Escultor Ferreiro ata o supermercado Gadis de San Lázaro.
|
Ler máis...
|
Venres, 21 Xaneiro 2022 10:28 |

O colectivo Noia Limpa, formado neste ano 2021 por persoas de Noia interesadas na rexeneración de espazos degradados polo lixo, pecha o seu primeiro medio ano de vida coa recollida de máis de 300 quilos de lixo. |
Ler máis...
|
Venres, 18 Xuño 2021 09:11 |

A chegada da fábrica de CELULOSAS a Lourizán, supuxo a destrución ambiental, económica e urbanística da comarca. Imposta pola forza militar en terreos gañados ao mar mediante recheos, sepultou o mellor banco marisqueiro da Ría e as praias urbanas de Pontevedra, e provocou a desaparición de moitas especies e a perda dun importante número de postos de traballo. O incumprimento sistemático da lexislación ambiental, tanto coas emisións á atmosfera como cos vertidos ao mar, permitido polos sucesivos gobernos do Partido Popular na Xunta e no Estado (que antepoñen sempre os intereses empresarias ao interese xeral) motivou a condena, en novembro de 2002, por delito ecolóxico continuado e danos á saúde das persoas. |
Ler máis...
|
Mércores, 26 Maio 2021 09:05 |
Estamos na súa época reprodutiva de marzo a xullo. O niño é moi discreto, consistindo unicamente nunha leve depresión na area que ás veces é ornamentada con pequenas cunchas ou restos vexetais. Nel a femia deposita os ovos, xeralmente 3, que serán incubados por ambos proxenitores durante 30 días.
|
Ler máis...
|
Xoves, 08 Abril 2021 10:33 |

O pasado 31 de marzo o BOE publicou o anuncio de exposición pública do proxecto "Adaptación do proxecto de estabilización da praia de Altar e do seu estudo de impacto ambiental, T.M. Barreiros (Lugo)".
O proxecto, cun custo de 3,5 millóns de euros, pretende realizar unha dragaxe na zona interior da ría do Masma e depositar a area na praia de Altar. O realmente grave deste asunto é que para garantir a retención da devandita area, preténdese construír un espigón de 190 metros de lonxitude e 7 metros de altura de formigón armado cunhas enormes bancadas de granito que unan a praia coa illa que lle dá nome!
|
Ler máis...
|
Domingo, 28 Febreiro 2021 12:10 |
Unha escolma de imaxes rodadas ao longo de súa reciente estancia na costa máis septentrional de Galicia. Unha imaxe das capas de contraste creadas pola terra, o océano e o ceo.
|
Ler máis...
|
Mércores, 13 Novembro 2019 13:57 |
Ás 15.10 horas do 13 de novembro de 2002 o capitán escoitou un forte golpe, como unha explosión, e notou como o barco comezaba a escorar rapidamente (25-40º ó cabo de dez minutos), á vez que observa a saída do fuel polos zapóns da cuberta.... Xa pasaron 13 anos do día máis negro da historia reciente do noso país e seguimos sen culpabeis nin demisións nin desculpas dos políticos que nos trouxeron as piores mareas negras ata as nosas costas. Non queremos deixar pasar esta data e olvidar a loita de milleiros de voluntarios anónimos que marcharon a recoller chapapote coas súas embarcacións e propias mans nunhas semanas nas que o Estado Español e a Xunta de Galicia manipulaban as noticias e dician que non pasaba nada. |
Ler máis...
|
Mércores, 05 Xuño 2019 14:08 |

POLO CUMPRIMENTO DA LEI E NA DEFENSA DOS SECTORES PRODUTIVOSCando na “Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y el Mar” do “Ministerio de Transición Ecológica”, toman a decisión de non defenderse fronte aos recursos contrarios á prórroga de 60 anos a ENCE, fano porque entenden que a concesión da amentada prórroga foi contraria á Lei. E basean a súa decisión nun informe da avogacía do Estado que, logo dunha análise amplamente documentada da Lei de Costas do 2013 e da xurisprudencia existente ao respecto das prórrogas en dominio público marítimo-terrestre, conclúe:
1º.- Que, de dispoñer desa prórroga, ENCE superaría o prazo de 75 anos que a Lei establece como máximo para a permanencia de calquera instalación en dominio público, un prazo que no caso de ENCE remataría no ano 2033.
2º.- Que, no caso concreto de ENCE, non se xustifica a concesión de ningunha prórroga, xa que a Lei limítaas a aquelas instalacións que “pola súa natureza” teñan que estar en terreos de dominio público, circunstancia que non se da neste caso.
Así pois, por Lei, ENCE non podería continuar na Ría máis alá do 28 de xullo do 2018, data na que caducou a concesión obtida no ano 1958.
|
Ler máis...
|
Xoves, 23 Maio 2019 09:51 |

Nova agresión ecolóxica das administracións públicas nun espazo natural protexido. Maquinaria pesada atravesando e traballando nas dunas de Barrañán en Arteixo e alterando por completo este ecosistema considerado hábitat prioritario pola UE. Todo isto, na semana europea da Rede Natura e da Biodiversidade! ADEGA Galiza xa presentou denuncia! |
Ler máis...
|
Mércores, 31 Outubro 2018 00:00 |
Limpeza de praia co campamento Guajes chegados desde Madrid: surf sustentable. Un edit de Javier García-Suárez Pozuelo e unha intro de Michi Gómez. Non máis plásticos. |
Ler máis...
|
Mércores, 17 Outubro 2018 20:35 |

Un ano máis, e van 7 edicións, ADEGA realizará unha xornada de Limpeza Simultánea de Praias. Será o 20 de Outubro (19 para centros de ensino).
O obxectivo das limpezas de praias é a de eliminar parte dos residuos que están nas praias así como dar unha chamada de atención sobre a problemática do lixo mariño. A insostibilidade dos modelos de consumo e produción da nosa sociedade, as malas estratexias na xestión dos nosos residuos e a falta de sensibilización da poboación están detrás deste importante problema ambiental. Cada ano, 10 millóns de toneladas de lixo rematan nos océanos, lixo que provén da industria do mar (pesca, extraccións...), mais unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión dos residuos en terra.
|
Ler máis...
|
Luns, 27 Agosto 2018 10:02 |
Imaxes da pasada limpeza de praia en Patos e campionato de surf de alumnos organizado pola Conservera del Surf. Estiveron presentes Mario Azurza e Gony Zubizarreta prestando o seu apoio e traballando a prol do evento. |
Ler máis...
|
Mércores, 08 Agosto 2018 00:00 |
Espectaculares imaxes dunha das nosas praias favoritas gravadas con drone dende o ceo. Un traballo de Roberto surfcasting.
|
Mércores, 04 Xullo 2018 14:09 |
Fermoso vídeo que atopamos pola Rede con imaxes de gran beleza da costa de Arteixo grazas ao traballo de Adrián Sobrino. Esperamos que vos guste!
|
|