Ecoloxía
Manifesto por un Litoral Vivo
Mércores, 19 Novembro 2008 10:41

A costa de Galiza abrangue uns 1.195 quilómetros de lonxitude, máis do 30% de toda a costa da península Ibérica. Conta con acantilados de até 600 m de altura, na Serra da Capelada, os maiores da Península; rasas mariñas e numerosas illas e illotes. Arredor dun 35% do litoral, uns 600 km, son de praias e outros areais, incluíndo as áreas dunares.

Combínanse e coexisten meios de elevada produtividade (rías, lagoas…) con outros de condicións extremas para a vida (areais, acantilados…). O litoral galego conta cunha riqueza paisaxística, biolóxica e etnográfica única no mundo e fai parte imprescindíbel da nosa identidade cultural, das nosas referencias emocionais e do noso futuro colectivo.

Ler máis...
 
Sexto aniversario do Prestige
Xoves, 13 Novembro 2008 14:29

Hai agora seis anos, un petroleiro cuspindo fuel nas nosas costas convertíase na única referencia informativa do país e provocaba a maior catástrofe ambiental que se lembra.

Foi un mércores 13 de novembro. O temporal azoutaba as nosas costas causando asolagamentos en pobos e cidades, o amarre da flota ou retencións de tráfico. A consecuencia máis grave parecía ser a morte de dúas mulleres pola caída dun guindastre na Coruña. A media tarde, Vieiros facíase eco do perigo de afundimento dunha embarcación cargada de petróleo a 28 millas ao oeste das costas de Fisterra.

Ler máis...
 
ADEGA denuncia actividades incompatíbeis coa conservación do humidal de Baldaio
Venres, 24 Outubro 2008 16:07

Parapentes con motor e avionetas en práticas sobrevoan a lagoa de Baldaio sobre a que tamén se pratica "kite-surfing". sen ningún control. Estas actividades, pola forte emisión de ruidos e a intromisión nas áreas de cría causan graves perxuízos ás aves, entre as que se inclúen especies protexidas e amezadas. Até o de agora, a administración fixo caso omiso ás denuncias apesar de tratarse dunha zona ZEPA (Zona de Especial Protección de Aves), parte da Rede Natura 2000, e estar  Baldaio en trámites de ser declarado humidal protexido.

No humidal de Baldaio (concello de Carballo) véñense desenvolvendo prácticas aéreas tanto con motor -“paramotor”- (parapente con motor) e voos de avionetas en prácticas; como sen motor –“kite surfing”-, sobre a superficie da lagoa e da praia. Os paramotores sobrevoan a lagoa e a praia utilizando como punto de despegue o monte das Saíñas. As avionetas en prácticas despegan dende o aeroporto de Alvedro. Alén disto, os practicantes do “kite surfing” fan continuas pasadas no interior da lagoa.

Ler máis...
 
Oposición ecoloxista ao novo edificio da escola municipal de surf en Doniños
Xoves, 23 Outubro 2008 21:05
Verdegaia denuncia a utilización de falsos argumentos por parte dos promotores do proxecto, con respecto ao estado de conservación das dunas, para xustificar a construción do novo edificio. Demanda a redación dun novo proxecto que respecte íntegramente o espazo dunar.

En relación ao "Proxecto de Rexeneración, Restauración Dunar e Dotación de Equipamentos na Praia de Doniños (Ferrol)", promovido polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino, a asociación ecoloxista Verdegaia ven de remitirlle á Dirección General de Calidad y Evaluación Ambiental de dito Ministerio un escrito sobre as consideracións de dita asociación a respeito das diversas actuacións do proxecto, tras someterse a consulta si sería necesario ou non someter o proxecto ao trámite de Avaliación de Impacto Ambiental, dacordo co R.D.L. 1/2008, do 11 de xaneiro.

Ler máis...
 
Atopado un tiburón balea branco nas Galápagos
Venres, 26 Setembro 2008 13:51

 

Fai un mes un grupo de mergulladores atoparon un tiburón balea branco nas augas das illas das Galápagos. Este exemplar femia duns 11 metros de lonxitude pode ser único na súa especie por mor da falta de pigmetación. Foi atopado nunha excursión de turistas dirixida por Antonio Moreano. El afirma que nesas augas soamente atopan exemplares femia e que non saben onde andan os machos. Estes exemplares de tiburón balea localizanse entre Xuño e Novembro.

Ler máis...
 
A Xunta detecta irregularidades en Valdoviño pero non fai nada!
Mércores, 24 Setembro 2008 12:40

valdov1.jpgADEGA - Os datos que facemos público a continuación están na súa maioría recollidos da proposta de informe do Servizo de Urbanismo e Inspección Territorial da Coruña dependente da Consellaría de Política Territorial e Ordenación do Territorio con data 1 de febreiro de 2007. Malia a detectarse graves eivas e irregularidades, a urbanización segue adiante coas administracións mirando para outro lado.

Deste informe tiramos as seguintes CONCLUSIÓNS:
Ler máis...
 
As piscifactorías de Corvo e Foxo Longo serán un dos maiores atentados ecolóxicos de Ribadeo
Martes, 16 Setembro 2008 01:46

As piscifactorías de Corvo de 250.000 m2 e Foxo Longo de 240.000 m2 serán os maiores atentados mediambientais cometidos no Concello de Ribadeo no caso de levarse a cabo. As piscifactoría de Corvo próxima á parroquia de Piñeira ocupa unha zona costeira de indubidable valor ecolóxico e que sen embargo non está protexida pola Rede Natura.

O feito de que non estea protexida non quere dicir que non reúna os requisitos para pertencer a ela. De feito ocupa un espazo de costa de Kilómetro e medio de litoral que está rodeado de áreas protexidas (LIC As Catedrais e LIC Ría de Ribadeo). Este espazo forma un burato dentro da Rede Natura co único obxectivo de abalar as prácticas de destrucción do territorio que supoñen as macropiscifactorías industriais.

Ler máis...
 
A morte sobre a area galega – Un caldeirón, un sono
Venres, 12 Setembro 2008 14:39

Chegou vivo coa mínima forza para arribar á praia salvaxe e escondida, rozar a fina pel contra os grans e morrer. Máis de cinco metros dun animal morto sobre a area. Os cetáceos volven á terra da que proceden cando xa non teñen forzas para seguir na mar.

Tivemos que percorrer a pe un longo traxecto ata chegar ata o seu corpo e o atopamos así, como se ve na foto, aparentando durmido baixo o sol nun sono imposible para un mamífero mariño. Sen feridas, sen danos aparentes, canso de vivir soamente.

Ler máis...
 
500 m de protección da costa galega: Valdoviño fica na Galiza?
Xoves, 11 Setembro 2008 16:13
valdov1.jpg
No concello de Valdoviño, na punta dereita da praia da Frouxeira estase a construir unha urbanización á beira do mar con 69 chalés e un hotel, promovido por "CONSTRUCCIONES RÍAS GALLEGAS, S.A." e asumido pola administración local e autonómica. A parcela linda coa zona Ramsar e ZEPA, e inclúese na súa totalidade no LIC Costa Ártabra, parte da Rede Natura 2000. De que valen as proteccións ambientais, urbanísticas, de Costas e patrimoniais (afecta ao Castro da Frouxeira) se logo ninguén as respecta?
Ler máis...
 
Prácticas mafiosas en Quilmas contra os opositores ás piscifatorías
Mércores, 03 Setembro 2008 17:27


Este venres ADEGA e veciños de Quilmas denunciaron ante o SEPRONA as obras de tapado da tubería de vertido da Piscifactoría de Quilmas (Carnota). Unha pala mecánica amorea rochas da costa (protexida pola Rede Natura) sobre a tubería de vertido da planta para disimular e facer menos visíbel a auga contaminada procedente da piscifactoría de Stolt. Logo desta denuncia, atentaron por oitava vez en poucos meses contra as propiedades do presidente da Plataforma de Quilmas.
 
Estes actos vandálicos repítense de xeito recurrente sempre que denunciamos actividades agresivas ou vertidos da piscifactoría de Stolt en Quilmas, que o Plano Acuícola vai ampliar de 25.000 a máis de 280.000 m2. Ao noso entender, estas accións tampouco son alleas á recente aprobación dun Plano Acuíola que lexitima e fomenta as práticas contaminantes destas empresas por toda a costa.
Ler máis...
 
A Xunta impón un Plano Acuícola que convertirá a costa nun polígono industrial de cemento e plástico
Venres, 29 Agosto 2008 23:27
Confirmouse a vergoña: o consello da Xunta a iniciativa do seu presidente ven de perpetrar o Plano Acuícola, consumando a meirande agresión á costa galega dende o Prestige. As 24 macroplantas de cemento e plástico ocuparán máis de 3 millóns de m2 de litoral virxe, degradando a paisaxe costeira e vertendo millóns de Hm3 de augas contaminadas ao mar. Malia á oposición de amplos sectores sociais, ecoloxistas, concellos, veciños/as, universidades... e ás eivas sinaladas pola propia administración, o Sr. Touriño e a Sra. Gallego cumpriron co seu papel de comisionados da patronal acuícola, como no seu momento fixera o PP, e decretaron a expropiación de emblemáticos espazos da costa para poñer a Galiza líder da produción mundial... de rodaballos dopados.
Ler máis...
 
Verdegaia desenvolve actos en defensa da costa en Ribeira e Corrubedo
Domingo, 24 Agosto 2008 17:00
p1010162.jpgSeguindo co acompañamento realizado ao barco de Ecologistas en Acción "Diosa Maat", na súa visita á costa galega, o 26 de Xullo membros de Verdegaia percorreron no barco o traxecto entre Ribeira e Corrubedo, onde a Comisión Coordenadora Xeral de Verdegaia recibiu ao barco, xunto coa Plataforma Ambiental de Corrubedo e Altofalante, acto enmarcado na campaña de presentación do Informe Bandeiras Negras. O domingo, con motivo da Festa do Percebe en Aguiño, a asociación Sagres -agrupación veciñal nacida para facer fronte á macrodepuradora en Aguiño- convidounos a poñer unha mesa informativa. Alí estivemos, compartindo con eles o espazo e o tempo, e apoiando a súa oposición ao proxecto de depuradora en Penisqueira. 
Ler máis...
 
A nova Rede Natura litoral feita á medida das empresas das piscifactorías
Luns, 18 Agosto 2008 12:10
 laxebrava2.gifCoa lexislatura case esgotada, a prometida ampliación da Rede Natura, ao igual que o Plano de Ordenación do Litoral, vai ter que agardar. Medio Ambiente leva dous anos vendendo unha ampliación da Rede Natura que poría a Galiza ao nível doutras comunidades en territorio protexido. Na proposta oficiosa avanzada, chaman a atención uns "curiosos ocos" no litoral protexido só explicábeis ao superpoñer a planificación eólica e acuícola.

En Corrubedo, o "espazo" da piscifatoría da Laxe Brava, 308.000 m2, figuraba en 2007 incluido dentro do LIC para caerse da proposta en 2008. E hai máis "baleiros" en Quilmas, Merexo, Camelle, Ribadeo...
Ler máis...
 
Ecoloxistas outorgan bandeiras negras para denunciar a destrución do litoral galego
Luns, 18 Agosto 2008 11:34

2008-07-31_img_2008-07-24_10_24_07_lagares1_j_a_rguez.jpg

Os colectivos Ecoloxistas en Acción e Verdegaia, e as redes A Ría Non se Vende e Galicia Non Se Vende informaron onte en Vigo de que outorgaron un total de 26 bandeiras negras no litoral galego, co obxectivo de facer visibles os principais problemas de destrución destas zonas e tamén fixaron 8 puntos negros en lugares onde os problemas que provocan a destrución destes enclaves naturais "aínda non callaron do todo". 

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Así o afirmaron hoxe, o coordinador da campaña de Bandeiras Negras de Ecoloxistas en Acción, Jorge Sáez, e o portavoz de Galicia Non Se Vende, Enrique Romasanta, nunha rolda de prensa previa a unha travesía pola Ría de Vigo, a máis danada das galegas, e na que colocaron algunhas destas bandeiras.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>

Páxina 8 de 8
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: