Xoves, 11 Setembro 2008 16:13 |
No concello de Valdoviño, na punta dereita da praia da Frouxeira estase a construir unha urbanización á beira do mar con 69 chalés e un hotel, promovido por "CONSTRUCCIONES RÍAS GALLEGAS, S.A." e asumido pola administración local e autonómica. A parcela linda coa zona Ramsar e ZEPA, e inclúese na súa totalidade no LIC Costa Ártabra, parte da Rede Natura 2000. De que valen as proteccións ambientais, urbanísticas, de Costas e patrimoniais (afecta ao Castro da Frouxeira) se logo ninguén as respecta? |
Ler máis...
|
Mércores, 03 Setembro 2008 17:27 |
Este venres ADEGA e veciños de Quilmas denunciaron ante o SEPRONA as obras de tapado da tubería de vertido da Piscifactoría de Quilmas (Carnota). Unha pala mecánica amorea rochas da costa (protexida pola Rede Natura) sobre a tubería de vertido da planta para disimular e facer menos visíbel a auga contaminada procedente da piscifactoría de Stolt. Logo desta denuncia, atentaron por oitava vez en poucos meses contra as propiedades do presidente da Plataforma de Quilmas. Estes actos vandálicos repítense de xeito recurrente sempre que denunciamos actividades agresivas ou vertidos da piscifactoría de Stolt en Quilmas, que o Plano Acuícola vai ampliar de 25.000 a máis de 280.000 m2. Ao noso entender, estas accións tampouco son alleas á recente aprobación dun Plano Acuíola que lexitima e fomenta as práticas contaminantes destas empresas por toda a costa. |
Ler máis...
|
Venres, 29 Agosto 2008 23:27 |
Confirmouse a vergoña: o consello da Xunta a iniciativa do seu presidente ven de perpetrar o Plano Acuícola, consumando a meirande agresión á costa galega dende o Prestige. As 24 macroplantas de cemento e plástico ocuparán máis de 3 millóns de m 2 de litoral virxe, degradando a paisaxe costeira e vertendo millóns de Hm 3 de augas contaminadas ao mar. Malia á oposición de amplos sectores sociais, ecoloxistas, concellos, veciños/as, universidades... e ás eivas sinaladas pola propia administración, o Sr. Touriño e a Sra. Gallego cumpriron co seu papel de comisionados da patronal acuícola, como no seu momento fixera o PP, e decretaron a expropiación de emblemáticos espazos da costa para poñer a Galiza líder da produción mundial... de rodaballos dopados. |
Ler máis...
|
Domingo, 24 Agosto 2008 17:00 |
 Seguindo co acompañamento realizado ao barco de Ecologistas en Acción "Diosa Maat", na súa visita á costa galega, o 26 de Xullo membros de Verdegaia percorreron no barco o traxecto entre Ribeira e Corrubedo, onde a Comisión Coordenadora Xeral de Verdegaia recibiu ao barco, xunto coa Plataforma Ambiental de Corrubedo e Altofalante, acto enmarcado na campaña de presentación do Informe Bandeiras Negras. O domingo, con motivo da Festa do Percebe en Aguiño, a asociación Sagres -agrupación veciñal nacida para facer fronte á macrodepuradora en Aguiño- convidounos a poñer unha mesa informativa. Alí estivemos, compartindo con eles o espazo e o tempo, e apoiando a súa oposición ao proxecto de depuradora en Penisqueira. |
Ler máis...
|
Luns, 18 Agosto 2008 12:10 |
 Coa lexislatura case esgotada, a prometida ampliación da Rede Natura, ao igual que o Plano de Ordenación do Litoral, vai ter que agardar. Medio Ambiente leva dous anos vendendo unha ampliación da Rede Natura que poría a Galiza ao nível doutras comunidades en territorio protexido. Na proposta oficiosa avanzada, chaman a atención uns "curiosos ocos" no litoral protexido só explicábeis ao superpoñer a planificación eólica e acuícola.
En Corrubedo, o "espazo" da piscifatoría da Laxe Brava, 308.000 m 2, figuraba en 2007 incluido dentro do LIC para caerse da proposta en 2008. E hai máis "baleiros" en Quilmas, Merexo, Camelle, Ribadeo... |
Ler máis...
|
Luns, 18 Agosto 2008 11:34 |
Os colectivos Ecoloxistas en Acción e Verdegaia, e as redes A Ría Non se Vende e Galicia Non Se Vende informaron onte en Vigo de que outorgaron un total de 26 bandeiras negras no litoral galego, co obxectivo de facer visibles os principais problemas de destrución destas zonas e tamén fixaron 8 puntos negros en lugares onde os problemas que provocan a destrución destes enclaves naturais "aínda non callaron do todo". function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';} function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';} Así o afirmaron hoxe, o coordinador da campaña de Bandeiras Negras de Ecoloxistas en Acción, Jorge Sáez, e o portavoz de Galicia Non Se Vende, Enrique Romasanta, nunha rolda de prensa previa a unha travesía pola Ría de Vigo, a máis danada das galegas, e na que colocaron algunhas destas bandeiras. |
Ler máis...
|
|