Martes, 05 Decembro 2017 12:47 |
O 3 de decembro de 1987, o Casón, un cargueiro panameño que transportaba produtos químicos desde Holanda a Xangai, sofre, á altura da costa de Finisterre, un corremento da carga que o obriga a pedir auxilio ás autoridades galegas. Os servizos de rescate que acoden ao encontro do buque, volven a terra cos cadáveres de 23 mariñeiros.
|
Ler máis...
|
Martes, 07 Novembro 2017 16:08 |

De novo podedes participar nunha limpeza simultánea de varias praias galegas esta fin de semana. Esta acción ambiental quere chamar a atención sobre a falta de limpeza e protección dos nosos areais e van particpar centos de voluntarios. Se queres axudar podes buscar no mapa a túa praia máis cercana e ver os horarios e persoas de contacto.
|
Ler máis...
|
Martes, 25 Xullo 2017 12:14 |
Este xoves 27 de Xullo ás 22:00h no Centro Social do Mar de Bueu podes asistir á estrea do documental "Paraíso Roubado", con imaxes e argumentos a prol da Ría de Pontevedra e en contra da desfeita provocada pola papeleira ENCE e os eucaliptos na nosa terra. Un evento organizado pola @defensadaria. |
Ler máis...
|
Venres, 14 Abril 2017 08:31 |
Velaquí tedes unha pequena proba co seu novo drone realizada por Antonio Osende Rodrigez na praia de Barrañán un día de ceo azul e ondas pequenas. Sen dúbida esta vai ser outra grande aportación pra mellorar os vídeos que estamos a publicar de Antonio e das súas sesións pola costa da zona de Coruña.
|
Ler máis...
|
Luns, 27 Marzo 2017 11:05 |
Nesta página web Acorunha.gal mostram-se os nomes dados pola gente do mar a diversos acidentes da Costa Ártabra: praias, ilhas, ínsuas, penas, baixos, pontas e cabos, abras e enseadas, esteiros, etc...
É um projeto ainda aberto que incorpora nomes procedentes de quatro tipos de fontes: recolha direta de pessoas do mar, nomes já recolhidos noutros projetos similares a este, os já recolhidos na toponímia oficial atual e os recolhidos na cartografia antiga. As diferentes origens marcam-se mediante cores. |
Ler máis...
|
Martes, 21 Marzo 2017 15:48 |
Desdelacroa - Con esta serán 18 as edicións nas que participamos das Iniciativas Océano de Surfrider Foundation. A deste ano deberiámola organizar esta fin de semana, que era cando, e dentro da campaña, ían ter lugar a maioría das limpezas en Europa. Pero como desde hai uns anos Surfrider permite un calendario máis libre, nós decidimos seguir sendo fieis aos bos costumes, e celebrar a nosa limpeza cando sempre o facemos: o primeiro sábado da primavera, o 25 de marzo.
En todo este tempo, 17 anos, ademais de organizar decenas de limpezas, creo que realmente chegamos a entender a magnitude do problema ao que nos enfrontabamos. Hei de recoñecer que, naquelas primeiras limpezas celebradas no ano 2000, non eramos plenamente conscientes da magnitude do problema: entón o único que nos preocupaba era lograr que a praia de Doniños e outras da nosa comarca (organizamos tamén limpezas en San Cristobal e Valdoviño), estivesen limpas. |
Ler máis...
|
Martes, 08 Novembro 2016 16:02 |

ADEGA - A volta á explotación do histórico xacemento de estaño-wolfram de San Fins (Lousame), hoxe propiedade da mineira "Tungsten San Finx SL" (Grupo SACYR) pode supoñer unha nova ameaza ambiental para toda a ría de Noia. Xa en 2008 o reinicio da actividade mineira foi obxecto de denuncia por non ter sometido a información pública o preceitivo Estudo de Impacto Ambiental. Agora a empresa vén de solicitar permiso a Augas de Galiza para verter no medio arredor de 1 millón de metros cúbicos anuais de augas residuais mineinas procedentes das galerías inundadas e da escorrentía das entulleiras.
|
Ler máis...
|
Venres, 26 Agosto 2016 08:52 |
Fermoso vídeo con imaxes captadas a vista de paxaro da costa e praias da comarca de Valdoviño con algo de surf e moita natureza. Un traballo de VDG videodrongalicia. |
Ler máis...
|
Xoves, 23 Xuño 2016 09:26 |

Ecoloxistas en Acción - Na zona da Mariña de Lugo destacamos como modelo do que non hai que facer en relación co urbanismo a Barreiros, pero este non é un caso único. Na comarca, pódese falar tamén de Foz, San Cibrao, Viveiro, O Vicedo, etc. O resultado é unha paisaxe esnaquizada, urbanizacións pantasma, vivendas a medio construír abandonadas, e un longo etcétera que nos mostra un modelo de crecemento urbanístico como os xa presentes nas Rías Baixas. |
Ler máis...
|
Xoves, 16 Xuño 2016 09:14 |

Ecoloxistas en Acción - O Porto exterior da Coruña en Punta Langosteira é un caso flagrante de gasto nunha zona onde xa teñen un porto exterior. Na actualidade os gastos ascenden a preto de 1.000 millóns de euros e non ten apenas tráfico portuario. Cando acaben as obras no ano 2018 (está previsto nesas datas) o custo multiplicará por moito o orzamento inicial. Unha verdadeira vergoña nun País coa poboación envellecida e onde a xente debe emigrar, onde un número elevado de familias vive baixo o limiar da pobreza, os dirixentes permítense o luxo desa dilapidación mentres a xente pasa fame nos seus fogares, privatizan o SERGAS, etc. |
Ler máis...
|
Martes, 14 Xuño 2016 14:21 |

Ecoloxistas en Acción - A Ría de Ferrol esténdese desde a desembocadura do río Grande en Xubia até o Océano Atlántico, abarcando 17 km de lonxitude e 4,5 km de ancho máximo. Boa parte dos seus fondos están formados por cascallos e pedra. A ría conta cunha taxa de renovación da marea moi elevada, que permite unha ampla biodiversidade, que se está vendo perxudicada por diversas infraestruturas (porto exterior, recheos, etc.) e pola falta dunha depuración eficaz. Construíronse recheos na ría de forma indiscriminada, 1.7 millóns de metros cadrados entre o ano 1900 e 2000. A partir do ano 2000, levaron acabo as ampliacións de Forestal do Atlántico-Reganosa ou o Porto Exterior, que provocan grandes impactos sobre o medio mariño.
|
Ler máis...
|
Martes, 24 Maio 2016 07:55 |

ADEGA - Organizacións ecoloxistas, sociais e gremiais chamámosvos á mobilización en Pontevedra POLA RÍA, CONTRA ENCE E A EUCALIPTIZACIÓN. A presenza de ENCE condiciona a política forestal galega. Móvete para defende a nosa paisaxe e os nosos ecosistemas. Vémonos o sábado 4 de xuño ás 19:30 en Pontevedra. SERVIZO DE BUSES:
- Dende Lugo (organiza ADEGA-Lugo): Saída o día 4 ás 16.00 hs. diante da Facultade de Profesorado de Lugo (antigo Maxisterio), na Avenida de Ramón Ferreiro. Reservas de praza: 982240299. Prezo: 10€ por persoa.
- Dende Ferrol, pasando pola Coruña e Compostela: saída o día 4 ás 16.00 hs. diante da Oficina de Correos no Cantón de Molíns. Prezo 10€ por persoa.
|
Ler máis...
|
Venres, 01 Abril 2016 08:44 |

O vindeiro día 9 de abril Kannion Surf Bar vai celebrar que xa leva dous anos funcionando ofrecendo comida e bos concertos ao carón da praia de Montalvo e, o igual que o ano pasado, unha das actividades que teñen programadas e a recollida de lixo na praia de Montalvo a partires das 17:00 horas da tarde. Este ano van colaborar as escolas de surf na limpeza do areal e participarán os seus alumnos polo que intentarán quitar todo o plástico depositado na praia, a falta de algunhas confirmacións debaixo tedes os logos dos que xa se apuntaron. Xa sabedes, o sábado 9 de Abril pola tarde podedes pasar pola praia a colaborar!!
|
Ler máis...
|
Xoves, 17 Marzo 2016 16:20 |
Como todos os anos, Prado Surf Escola organizará a Xornada de limpeza de praia e formación sobre o varamento de mamíferos mariños, o vindeiro sábado 19 de marzo na Praia de Patos en Nigrán. Esta actividade englóbase dentro das accións que Surfrider Foundation enmarca dentro de Ocean Initiatives, unha xornada global de limpeza de praias que se organizan simultaneamente en todo o mundo entre o 17 e 20 de marzo, e na que participan máis de 50.000 persoas. 
Ademais, contaremos coa colaboración de CEMMA (Coordinadora para ou Estudo dous Mamíferos Mariños), unha ONG galega dedicada ao estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas de Galicia. Con máis de vinte anos de experiencia, CEMMA, é a única institución responsable da asistencia aos varamientos en toda a costa galega, a xestión do banco de mostras oficial, da recuperación dos animais feridos, do estudo poboacional destas especies e da redacción dos plans de xestión das especies máis ameazadas. Actualmente, CEMMA non conta con ningún tipo de subvención das administracións públicas, polo que calquera achega económica que lle podamos ofrecer servirá de axuda na súa loita por salvar aos mamíferos mariños.
|
Ler máis...
|
Luns, 29 Febreiro 2016 14:57 |

Xa está convocada a limpeza da praia de Doniños o vindeiro 19 de Marzo dentro do programa europeo das Iniciativas Oceánicas 2016 organizada pola Surfrider. A cita será a partires das 11:30 e o punto de encontro o aparcamento da praia na zona de Outeiro. Limpeza organizada polo Océano Surf Clube.
|
Ler máis...
|
|