Domingo, 21 Febreiro 2016 11:57 |

O vindeiro 27 de Febreiro en Compostela vai ter lugar unha manifestación pra protestar en contra da nova Lei de Acuicultura da Xunta do PP. Con esta nova Lei pretenden favorecer a implantación de multinacionais e grandes empresas na xestión das Rías e expulsar aos mariscadores e mariñeiros da xestión tradicional. Deste xeito e despois da prorroga de 60 anos a ENCE, empresa contaminante responsábel da degradación da Ría de Pontevedra, vemos como o Partido Popular de Galicia lexisla de novo a favor das empresas de fóra e en contra do povo unha vez mais. |
Ler máis...
|
Domingo, 14 Febreiro 2016 23:11 |
Atopámonos pola rede este fermoso vídeo da praia de Sabón gravado dende o aire e que mostra a beleza deste areal a pesar da central térmica e mailo espigón de rochas no seu final. Vídeo grazas a Geleco Air.
|
Ler máis...
|
Xoves, 11 Febreiro 2016 13:47 |
Impresionantes imaxes do pasado temporal con ondas de 9 metros en Malpica de Bergatinños entrando polo paseo e golpeando as casas e edificios enfronte do mar. Vídeo grazas a Malpica Surf. |
Ler máis...
|
Mércores, 10 Febreiro 2016 21:10 |
Recibimos estas fotos da ADC Xisto de Pantín nas que se pode apreciar os desperfectos causados polo temporal destes días na ponte de Pantín. A noticia publicada sobre este caso de feismo e chapuza realizada polos políticos de turno foi viral en Xullo do 2014 con máis de 20.000 visitas nun par de días e agora vemos as consecuencias de construir mamotretos enriba da praia.
Chegados a este momento ADC Xisto de Pantín vai reclamar a retirada do mamotreto e a recuperación do entorno da praia ante o Concello. |
Ler máis...
|
Xoves, 28 Xaneiro 2016 15:45 |
Convocada unha manifestación de repulsa á prorroga de 60 anos concedida polo Goberno do PP en funcións a papeleira ENCE. Podes asistir este venres ás 20:30 na Praza da Ferraría en Pontevedra. Non pode faltar ninguén! #EnceFora #PPmafia

|
Ler máis...
|
Martes, 13 Outubro 2015 16:16 |
Limpa a túa praia!, esta é a mensaxe que queren transmitir os alumnos e monitores de Artsurfcamp e o equipo de Surf and Clean. Neste novo vídeo podedes saber que vai o tema xa que a contaminación mariña non para de medrar e temos que axudar a limpar a costa.
|
Ler máis...
|
Venres, 28 Agosto 2015 09:26 |
Vídeo de denuncia do derrame de petróleo o pasado 19 de Maio do 2015 en California que matou a milleiros de animais mariños e paxaros. Un gran grupo de surfeiros remaron 5 millas mar adentro para chegar ate diante da plataforma petrolífera e denunciar este tipo de atentado medio ambiental. |
Ler máis...
|
Luns, 06 Xullo 2015 00:00 |
Non botes o lixo no mar é o novo video do proxecto 'Surf and Clean', un proxecto que impartiu 4 obradoiros o ano pasado na praia de Razo e que chegaron a máis de 1.000 novos surfeiros para transmitirlles o amor polo mar que todos os que practicamos deportes acuáticos deberiamos ter, e xuntos alzamos as voces para cantar en cada taller. Un xesto pequeno que transforma a canción nun gran berro de protesta ante a realidade que viven nuestos mares.
|
Ler máis...
|
Luns, 29 Xuño 2015 00:00 |

As Bandeiras Azuis son unha gran fraude denunciada xa hai tempo por moitos colectivos ecoloxistas xa que as bandeiras azuis hai tempo que non teñen ningún aval técnico, nin científico, nin administrativo da Unión Europea. Son promovidas por un conxunto de asociacións privadas ligadas ás empresas turísticas. A acumulación de fraudes e denuncias na súa obtención fixo que a Comisión Europea retiráselle o apoio económico e desmarcásese da campaña hai xa 9 anos. En España é a asociación de educación ambiental e do consumidor (ADEAC) a encargada da súa concesión. Foto: Galipedia.
|
Ler máis...
|
Xoves, 11 Xuño 2015 14:39 |

O vindeiro sábado 20 de Xuño ás sete e media da tarde podedes participar na marcha anual en contra da presenza de ENCE na Ría de Pontevedra. Esta fábrica levantada en tempos do franquismo escarallou o millor banco marisqueiro da Ría e dende hai 50 anos contamina os fondos do mar con chumbo e mercurio. Participa na marcha organizada pola Asociación pola defensa da Ría e defende o noso mar. |
Ler máis...
|
Mércores, 27 Maio 2015 17:22 |
ADEGA convoca de novo a tódalas entidades interesadas a unirse neste evento contra a contaminación mariña. As limpezas poderán celebrarse os días 5, 6, e 7 de xuño coincidindo coa celebración do Día Mundial dos Océanos. Centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, pescadores, asociacións de todo tipo, concellos ou grupos de particulares están chamados a limpar as praias e denunciar esta problemática ambiental. Se queres participar contacta con ADEGA.

|
Ler máis...
|
Venres, 15 Maio 2015 09:07 |
#savemundaka Nestes dous novos vídeos de Ibon Garmendia gravados o xoves 14 de Maio podedes ver a desfeita que están a facer na foz do río xunto enfronte da onda de Mundaka. Seica esta fin de semana os riders bascos vanse reunir pra tomar medidas e loitar contra este atentado ecolóxico. Esperamos que poidan parar a desfeita promovida polo políticos e Costas.
|
Ler máis...
|
Xoves, 14 Maio 2015 08:32 |
Mundakako Surf Taldea (MST) , ante a reconstrución posta en marcha na Praia de Laida quere mostrar a súa oposición a esta actuación , reclama a súa paralización e insta as autoridades a protexer a Barra de Mundaka. O proxecto presenta serios interrogantes sobre a súa efectividade e non se realizaron os estudos necesarios para valorar as posibles consecuencias sobre a Barra de Mundaka .
|
Ler máis...
|
Mércores, 13 Maio 2015 09:09 |
Change.org - Xa comezou o dragado de Mundaka. As obras de 40.000 metros cúbicos de area da zona do porto para a súa posterior vertedura na praia de Laida, en Ibarrangelu, xa ameazan unha das mellores ondas do mundo. Onte xa se puido ver unha escavadora e un camión dentro da ría e removendo a area a escasos metros da beira cando se anunciou que as obras se realizarían a máis de 100 metros da auga. Vídeo gravado por Ibon Garmendia |
Ler máis...
|
Mércores, 13 Maio 2015 09:09 |
Surfingbizkaia Web - As competencias que están detrás do dragado de Mundaka menten e riense da xente. 40.000 Metros cúbicos que saen dos meandros da "Reserva de Urdaibai" , camións e escavadoras esnaquizando unha "Reserva da Biosfera". Están Dragando a 20 metros da barra non a 100 como prometían e sen supervisión de profesionais especializados.A area amontóana na praia de Laida e non nun "embrión de praia" como aseguraban.
Non tedes respecto por nada!! OJALA O MAR PÁGUEVOS COA MESMA MOEDA!! Acordarvos todos cando votedes de quen permitiron que isto pase!! Esa debería ser nosa moeda de cambio ante esta gentuza!! Que vergoña de pais!! |
Ler máis...
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Seguinte > Final >>
|
Páxina 3 de 9 |