Luns, 02 Xuño 2014 00:00 |
ADEGA convoca por terceiro ano consecutivo a limpeza simultánea de praias en toda Galiza. Un referente que xa nos anos anteriores conseguiu que centos de persoas participaran nesta actividade de denuncia e de voluntariado ambiental. A día de hoxe están programadas máis de 25 limpezas que terán lugar o próximo fin de semana do 6, 7 e 8 de xuño en toda Galiza grazas ao compromiso de numerosas persoas, conmemorando o día dos Océanos (domingo 8).
Centros de ensino, escolas de surf, asociacións culturais, concellos, ANPA... e outras moitas entidades que suman un total de 34 convocan limpezas dende A Mariña ata Nigrán. Grandes e pequenos participarán nestas limpezas para reivindicar e dar a ver un grave problema ambiental: os residuos mariños.
|
Ler máis...
|
Xoves, 03 Abril 2014 02:19 |
Non queremos deixar pasar este bo vídeo da limpeza realizada o pasado mes na praia da Arda dentro do programa Iniciativas Oceánicas 2014 na que participaron 112 persoas e recolleron unha tonelada de lixo. Un bo exemplo de como facer as cousas.
|
Mércores, 26 Marzo 2014 21:00 |
Asina na iniciativa popular na defensa da biodiversidade e vida mariña das Illas Canarias. O vindeiro 1 de Abril os tribunais españois van decidir si Repsol poder comezar coas exploracións nunha zona que vai por en perigo o abastecemento de auga da poboación canaria, ameazas as costas con derrames e mareas negras e molestar as baleas no seu paso natural entre África e as Canarias. Por favor asina e comparte esta iniciativa na web de SAVE CANARIAS: http://savecanarias.org |
Ler máis...
|
Martes, 11 Marzo 2014 00:45 |
Velaquí tedes a convocatoria dunha nova edición das Iniciativas Oceánicas 2014 da Surfrider Foundation o vindeiro 22 de Maroz e que ten como obxetivo limpar as costas do noso planeta nunha xornada mundial de concienciación medio ambiental. O mar está cheio de lixo, plásticos, residuos radioacticos e moitas porcalladas que o home bota sen preocuparse pola saúde dos animais mariños e a vida dos oceános. Colabora, organiza e participa nas limpezas!

|
Ler máis...
|
Venres, 14 Febreiro 2014 12:31 |
A xente de Limosa Surf ven de presentar este vídeo coas imaxes da limpeza da Ría de San Ciprián na que colaboraron moitos voluntarios e quitaron montes de lixo das beiras da Ría. Todo un exemplo pra outros clubes e asociacións. |
Ler máis...
|
Martes, 11 Febreiro 2014 10:33 |
Fermoso vídeo de Rodri Porcelli con imaxes do paso da cicloxénesis Petra pola costa coruñesa e as ondas xigantes batendo contra os penedos, cabos e rochas de granito que resisten a forza do mare e o paso do tempo. |
Ler máis...
|
Martes, 28 Xaneiro 2014 16:19 |
A illa de Eivissa non quere plataformas petrolíferas nas súas costas nin proximidades mais o governo non escoita o berro da xente e está decidido a comezar coas investigacións e as posibilidades de atopar crú no Mediterráneo. En caso de derrame as consecuencias serán mortais pra moitos mamíferos maritímos, aves e peixes e moi negativas para a poboación das illas Baleares. |
Ler máis...
|
Luns, 19 Agosto 2013 09:33 |
Hoxe comezamos a semana cun dato moi importante sobre o deterioro da nosa costa, o 25% da nosa costa está baixo ladrillos, grazas a moitos anos de políticas liberais da dereita galega e dos caciques da costa de todas as cores políticas que se enriqueceron facendo edificios que agora non se poden legalizar como o caso do Concello de Barreiros e as súas 3.000 vivendas valeiras ou zonas como Baiona ou Sanxenxo con toda a liña de costa destrozada. 
Costa degradada no Concello de Barreiros
|
Ler máis...
|
Mércores, 05 Xuño 2013 14:43 |
ADEGA - Un ano máis ADEGA organiza a II Limpeza simultánea de praias con motivo do Día Mundial dos Océanos, este 8 de xuño, sábado. Dando continuidade á limpeza simultánea de 2012 que contou coa participación de máis de 700 persoas, ADEGA convoca de novo a todas as entidades interesadas a unirse neste evento de reivindicación e educación ambiental contra a contaminación mariña. O 8 de xuño diferentes grupos de toda Galiza, centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, asociacións de todo tipo ou grupos de particulares están chamados a limpar as praias e denunciar esta problemática ambiental. Se queres participar contacta con ADEGA.
|
Ler máis...
|
Mércores, 22 Maio 2013 15:10 |
Xa está ben de surfear con chumbo e mercurio na Ría de Pontevedra por mor da industria contaminante imposta polo réxime franquista na nosa costa. Non queremos mares poluídos e rías contaminadas. Queremos un mar limpo e cheio de vida. O sábado 1 de Maio colle a túa prancha de surf e manifesta a túa repulsa. ENCE FÓRA DA RÍA! Celulosas NON!
|
Luns, 06 Maio 2013 21:28 |
Acabamos de recibir esta solicitude de apoio a prol da Declaración de Parque Natural para o Monte Pindo de parte da Asociación Monte Pindo Parque Natural, un colectivo plural, democrático e transparente que traballa a prol da protección do Monte Pindo na Costa da Morte. Por favor colaborade con esta iniciativa compartíndoa nas vosas Redes Sociais.
Estamos firmemente convencidos de que o Monte Pindo merece e debe ser proclamado Parque Natural. Os fundamentos principais que avalan a nosa convicción son os seguintes: 
|
Ler máis...
|
Luns, 25 Marzo 2013 01:30 |
Unhas 50 persoas acudiron á chamada do Océano Surf Clube pra limpar a praia de Doniños esta pasada fin de semana a pesar do mal tempo e a choiva. Moitos riders de Ferrolterra, socios do clube, alumnos da escola The Camp e simpatizantes da natureza arrexuntáronse o sábado ás 12:00 e limparon moitos plásticos e lixo. Encheron 8 contenedores e traballaron a reo. Noraboa e grazas por manter as praias limpas tamén no inverno. 
|
Ler máis...
|
Venres, 15 Marzo 2013 00:00 |

O vindeiro día 23 de Marzo vas poder colaborar coa limpeza da praia de Doniños organizada polo Océano Surf Clube dentro do programa de Iniciativas Oceánicas da Surfrider Foundation. O obxetivo destas accións é facer público o deterioro das nosas costas e mares. A limpeza comezará na zona do Outeiro a partir das 12:00 horas. Por favor COLABORA e DIFUNDE esta iniciativa! |
Ler máis...
|
Luns, 18 Febreiro 2013 00:00 |

Xa podes colaborar na nova edición das 'Iniciativas Oceánicas' da Surfrider Foundation e organizar unha limpeza de praia. A túa axuda é importante tanto como voluntari@ como organizador! |
Ler máis...
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>
|
Páxina 4 de 8 |