Ecoloxía
Colabora na Limpeza simultánea de praias no Día Mundial dos Océanos 2012
Venres, 25 Maio 2012 02:01

O venres 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos. Con tal motivo, ADEGA convoca a todas as entidades interesadas a unirse nun evento de reivindicación e educación ambiental contra a contaminación mariña. Este día  diferentes grupos de toda Galiza, participarán na limpeza simultánea de praias, nas tres provincias costeiras. Centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, asociacións de todo tipo ou grupos de particulares estades chamados a limpar as nosas praias e denunciar os graves problemas ambientais do lixo nos mares..

ADEGA

Ler máis...
 
Fotos da Limpeza de Praia en Doniños
Martes, 03 Abril 2012 10:43

Como todos os anos un feixe de xente de bo corazón adicaron parte do seu día na limpeza da praia de Doniños no evento convocado pola Surfrider Europe. Jesús Busto foi o organizador da limpeza e no seu blog 'Desde la Croa' tedes unha crónica e varias fotos das persoas que colaborarion. Bo traballo!

Ler máis...
 
Colabora nas Iniciativas Océanicas 2012
Mércores, 15 Febreiro 2012 23:28

Queremos colaborar nesta nova edición das Iniciativas Océanicas 2012 axudando a espallalas como todos os anos e pedindo a colaboración de riders, escolas, clubes, tendas e amigos a participar nas limpezas de praia que se van organizar. Xa están convocadas unha limpeza en Doniños o sábado 24 de Marzo polo blog de Jesús Busto, outra limpeza na praia de Altar o mesmo día organizada por Óscar Garcia e AugasSurfcamp. Iremos informando das convocatorias cando teñamos máis info.

Ler máis...
 
Aberta a lagoa da Frouxeira - Valdovino.net
Martes, 31 Xaneiro 2012 12:55

Dende a web de Valdovino.net recibimos a boa nova de que a natureza fixo o seu traballo no día de onte e abriu a lagoa da Frouxeira en Valdoviño permitindo o valeirado de centos de metros cúbicos da auga no mare. A Xunta estaba a facer unha desfeita na praia con centos de sacas de area, palas excavadoras e outros materias pra gañar uns votos entre os veciños anoxados polas inundacións provocadas pola subida do nivel de auga na lagoa pero atentando contra o noso patrimonio natural e unha lagoa protexida por directivas europeas.


Este sábado houbo unha concentración na praia para denunciar a nova desfeita da Xunta do PP contra a nosa terra na praia de Valdoviño organizada polo Facebook e que contou con bastante asistencia.

Algúns riders da zona probaron sorte pra surfear as ondas provocadas polo desague.

Queremos facer un chamamento ás autoridades europeas pra que vixien a protección e o bo mantemento deste humidal galego.

{fcomments}



 
Denuncian o estado pésimo da praia de Nemiña
Domingo, 15 Xaneiro 2012 00:00

Este domingo aproveitamos pra espallar unha nova publicada en Quepasanacosta.com sobre o lamentábel estado de suciedade de Nemiña, unha das praias máis fermosas da nosa costa que se atopa chea de lixo e chapapote do Prestige. Foto: Felipe Sar.

Ler máis...
 
Salmón nas rías NON!
Domingo, 01 Xaneiro 2012 22:46

Desde SurfGz.com queremos publicar a primeira noticia do 2012 cunha boa nova para a defensa da costa de Muros e Noia xa que as Direccións Xerais de Medioambiente e de Asuntos Marítimos da Comisión Europea veñen de contestar ao informe presentado contra da colocación das gaiolas de salmón nas augas da ría.

Estas gaiolas son un foco de enfermidades para a fauna galega. Os salmons estás cheos de antibióticos pra lles curar as feridas nos seus lombos polas rozaduras e están a contaminar unha das rías galegas máis fermosas pra que catro empresarios fagan escuros negocios co beneplácito da Xunta e os seus conselleiros.

Ler máis...
 
Bandeiras Negras 2011
Xoves, 18 Agosto 2011 00:00

Verdegaia e Ecoloxistas en Acción chaman a atención no informe "Bandeiras Negras 2011" sobre algunhas das principais agresións locais á costa galega, que está lonxe de gozar dunha protección efectiva:

- Crecemento urbanístico na costa de Fisterra (Costa da Morte) e de Barreiros (A Mariña).

- Centro comercial "A Laxe" no Porto de Vigo.

- Verteduras de augas residuais ás rías de Vigo (depuradora do Lagares) e do Burgo.

- Contaminación da ría de Pontevedra polo complexo industrial ENCE-ELNOSA.

- Recheos ilegais no porto de Marín.

- Porto exterior de A Coruña.

- Diversos proxectos de "rexeneración e mellora ambiental" da Demarcación de Costas do Ministerio de Medio Ambiente e do Medio Rural e Mariño, como os das praias do Orzán e Riazor (A Coruña) e de Barraña (Boiro).

Ler máis...
 
5ª Marcha a Pé: Ferrol > Mugardos - 22 de Xullo
Venres, 15 Xullo 2011 01:17

Aquí tedes 10 boas razóns pra defender a Ría de Ferrol e as súas xentes e marchar a pé dende Ferrol até Mugardos:

1ª Porque almacena o equivalente a mais de 12 millóns de bombonas caseiras, o que no caso dun accidente, provocaría unha devastación de difícil cuantificación. No accidente de "Els Alfacs", que matou a 243 persoas, e fireu a máis de 300, a cantidade de gas equivalía tan só a 2000 bombonas.

2ª Porque os gaseiros só poden entrar e saír na ría cando se dan as axeitadas condicións meteorolóxicas (vento e visibilidade) e marea diúrna. No caso de accidente nun buque, durante a manobra de entrada, atraque ou descarga, sería imposíbel aparta-lo da planta e das zonas poboadas.

Ler máis...
 
Defende as Nosas Rías - 5 de Xuño en Muros
Xoves, 02 Xuño 2011 00:00

ADEGA - Este ano, no Día Mundial do Medio Ambiente varios colectivos ecoloxistas galegos decidimos reivindicar, xunto con plataformas cidadás e o sector pesqueiro-marisqueiro ó coidado polas nosas rías e denunciar as ameazas e agresións ás que están sometidas: salmonicultura, piscifatorías, recheos, verteduras, infraestruturas agresivas, portos deportivos...

Pedímosvos que participedes na manifestación do domingo 5 de xuño ás 12h en Muros. Todas as reivindicacións que teñen a ver coa conservación do noso litoral teñen cabida e, como sabedes ademáis, a cuestión acuícola vai voltar a estar de actualidade este verán cando a Xunta apresente o contido do Plano Director de Acuicultura.

Ler máis...
 
864 puntos de verquidos nas nosas Rías
Venres, 08 Abril 2011 00:00

O Plan de Control de Verteduras sitúa nas rías de Arousa e de Vigo case a terceira parte destes focos, con 159 e 116, respectivamente, mentres que na Ría de Muros-Noia localiza 105; na Ría de Pontevedra 62; na de Ferrol 77; e na da Coruña 52. Non todas estas verteduras son prexudiciais e moitos son inevitábeis, como ocorre coas augas pluviais, pero en case a metade constatouse contaminación.

Ría de Ortigueira - Fonte: Galipedia

Ler máis...
 
Crónica da Limpeza de Doniños
Luns, 28 Marzo 2011 00:00

Velaquí tedes aos verdadeiros locais de Doniños: Juanju, Raquel, Nestor, Celina, Cristina, Martín, Jesús, Irene, Heidi, Luís e Francisca. Falta Super que non se quedou á foto. Eles limparon a praia ata que a choiva fixo moi complicada as operacións de limpeza. Moitas grazas por participar nesta limpeza. Sodes os mellores ;)

Os mellores surfeiros de Doniños

Grazas Luís!

Ler máis...
 
Limpezas de Praias - Razo 23 de Marzo
Luns, 21 Marzo 2011 00:10

Convocada unha limpeza na praia de Razo este mércores 23 no Concello de Carballo. A limpeza comezará as 15:30 e está organizado polo Art Surf Camp. Nestes intres xa hai 834 limpezas convocadas por toda Europa como acción colectiva na defensa da costa e ríos. Organízate e Participa nas limpezas organizadas: 23 Marzo Razo, 26 de Marzo en Malpica, Doniños e Patos.

SURF RIDER

Ler máis...
 
Os mariñeiros de Muros e Noia defenden a súa Ría
Xoves, 17 Marzo 2011 10:09

Galicia Hoxe - Os armadores e pescado­res de marisco e artes varias con base nos portos da ría de Muros e Noia concentráronse onte na zona onde a empresa North West Food pretende ins­talar dúas gaiolas de salmón experimentais, que con­tan coa autorización da Consellería do Mar. Desde as once da mañá, as embarcacións dirixíronse a dito punto, situado no polígono C de Muros, ó comprobar que uns operarios ían colocar as boias que aguantarán destes viveiros.

En pouco tempo ma­nifestáronse máis dun cen­tenar de embarcacións e outras tantas que xa non che­garon ata o lugar ó re­gresar ós seus respectivos portos tras coñecer que a empresa desistira por agora de continuar cos traballos ante o cariz que estaban tomando os acontecementos. Unha patrulla da Gar­da Civil do Mar, acompa­ñada dunha embarcación auxiliar, velou pola segu­ridade na zona e anotou o folio dalgúns do bar­cos participantes sen que se producisen incidentes de importancia.

Ler máis...
 
Limpezas de Praias - Doniños, 26 de Marzo
Martes, 15 Marzo 2011 01:00

O surfeiro ferrolán Jesús Busto organiza unha limpeza o vindeiro 26 de Marzo dentro do programa das Iniciativas Oceánicas 2011 da Surfrider Foundation. Por favor se estás interesado en colaborar e participar podes contactar con el pra ir falando. Un ano máis, e con esta edición xa son 11, o Océano Surf Club únese á campaña "Iniciativas Océano" impulsada por Surfrider Foundatión. A tradicional campaña de limpezas de primavera desenvolverase este ano no fin de semana entre o 24 e o 27 de marzo.

A limpeza organizada polo Océano Surf Club terá lugar na praia de Doniños, zona de Outeiro, o sábado 26 de marzo, iniciándose a mesma ás 12 do mediodía. Tamén podedes colaborar nas limpezas de Patos (Nigrán) e Arealonga (Malpica de Bergantiños)

Ler máis...
 
Participa nas Iniciativas Oceánicas 2011!
Luns, 21 Febreiro 2011 00:09

A Surfrider Europa ven de anunciar que xa está aberto o prazo pra participar nas xornadas europeas de limpezas de praias en dentro do proxecto das Iniciativas Oceánicas 2011. Xa están organizadas 344 limpezas das que 2 serán na nosa costa por SilfoCamps e Prado Surf Escola, en Malpica e Nigrán respectivamente. Dende SurfGZ queremos apoiar esta iniciativa dándolle a maior difusión posible todo este mes.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 8
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: