Venres, 19 Marzo 2010 10:22 |
Jesús Busto - Este domingo terás a oportunidade de participar un ano máis na campaña de Limpezas de Primavera que desde hai 15 anos organiza Surfrider Foundation en Europa. O obxectivo da campaña, ademais de limpar, é lanzar a mensaxe á sociedade de que habemos de actuar rapidamente en favor dos mares e os océanos.
Como desde hai 11 anos o Océano Surf Club súmase á campaña organizando unha limpeza na praia de Doniños, á que estades todos convidados. A cita é o domingo día 21 ás 12:00 horas, no aparcadoiro de Outeiro. Podedes consultar onde se celebran outras limpezas picando nesta ligazón.
Trátase dunha moi boa oportunidade para que devolvamos ao océano, e a todas as especies que habitan nel, unha pequena parte das inmensas satisfaccións que nos dan, ofrecéndolles por unhas poucas horas o noso esforzo.
|
Ler máis...
|
Xoves, 11 Marzo 2010 01:00 |
Verdegaia e a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) rexeitan o edificio de socorrismo e escola de surf previsto nas dunas de Doniños por afectar a hábitats e especies protexidos (entre outras especies, a dous endemismos exclusivos da costa de A Coruña).
Costas de Galicia e o Concello de Ferrol presentaron o pasado luns ó Consello Sectorial de Medio Ambiente os cambios introducidos no proxecto da nova caseta de socorrismo e escola de surf que Costas construirá en Doniños e escola de Surf (Proxecto publicado na revista Plataforma Arquitectura o 27 de xaneiro co título: Proyecto Instalaciones Actividades Nauticas Playa Doniños / Manuel Fonseca Gallego).
|
Ler máis...
|
Xoves, 25 Febreiro 2010 01:12 |

Desde la Croa nos chegan estas impresionantes fotografías de Ferrolterra o día de onte...
|
Ler máis...
|
Venres, 12 Febreiro 2010 09:00 |
Tal e como comentan en Vieiros e no blog de Defendendo as Praias de Coruña vaise proceder a asolagar as praias do Orzán, Matadoiro e San Amaro con area procedente dunha canteira alterando o tamaño das praias e os seus fondos.
As principais funcións da praia urbana son o espazo para uso lúdico, a protección da costa e en menor medida, hábitat de flora e fauna. Así aparece de xeito literal no texto da iniciativa que implica a Concello da Coruña e Dirección Xeral de Sostibilidade para a ampliación das praias da Coruña. Unha redacción do proxecto que "causa certo estupor" entre membros da veciñanza coruñesa que, como usuarios habituais dos areais, acaban de botar á luz un espazo web onde expoñen as súas preocupacións.
|
Ler máis...
|
Mércores, 13 Xaneiro 2010 02:00 |

ADEGA vén de denunciar o grave atentado ecolóxico perpetrado contra da lagoa da Frouxeira en Valdoviño consistente na apertura, sangrado e desecado desta coa autorización e dirección da Consellería do Medio Rural, que afectan gravemente ao humidal protexido e a especies ameazadas. Estas operacións, efectuadas en pleno LIC e ZEPA da Costa Ártabra, tiveron lugar entre novembro e decembro de 2009, sendo a última apertura a que provocou a destrución da barreira de area que conformaba a regulación natural do nível hídrico da lagoa. Trátase da mesma política que aplicou o franquismo dende os anos 50 para acabar cos humidais por "improdutivos e insalubres", como a lagoa de Antela.
|
Ler máis...
|
Martes, 24 Novembro 2009 01:00 |
Verdegaia.org - Verdegaia rexeita o edificio de salvamento e escola de surf previsto nas dunas de Doniños por afectar a hábitats e especies protexidos. Considera, ademáis, que as medidas previstas tanto para "integrar" o edificio na contorna natural como para rexenerar o sistema dunar carecen do máis mínimo rigor, estando abocadas ao fracaso. Verdegaia informa que ven de apresentar alegacións ao Estudo de Impacto Ambiental do proxecto de "Rexeneración, Restauración Dunar e Dotación de Equipamentos na Praia de Doniños (Ferrol)", promovido pola Demarcación de Costas en Galicia a instancias do Concello de Ferrol.
|
Ler máis...
|
Venres, 20 Novembro 2009 01:00 |
7 anos despois e todo segue igual, non temos barreiras novas, non temos buques e o Prestige continua no fondo do mar botando litros de merda todo-los días. Eiquí tedes un video pra non esquecer a marea máis neghra que asolagou as nosas vidas. CHAPAPOTE NUNCA MÁIS!
|
Ler máis...
|
Xoves, 19 Novembro 2009 01:00 |
Anosaterra.org - Comezan os traballos de despezamento da gabarra Yamburg, varada durante dez meses nas Cobas, nas inmediacións da praia de Balieiros en Corrubedo, Ribeira. A embarcación encallou o 19 de xaneiro duante un temporal cando era remolcada dende o porto grego do Pireo cara a Tallín (Estonia). 
|
Ler máis...
|
Mércores, 16 Setembro 2009 01:00 |
ADEGA.info - Ti podes esixirlles a políticos e empresarios sen escrúpulos que cumpran a lei: participa con ADEGA na defensa de Touriñán e boicota os produtos de Pescanova! 
|
Ler máis...
|
Martes, 07 Xullo 2009 19:10 |
Durante uns días, dende o 30 de xuño unha enorme quenlla (seláceo) de gran tamaño vistou a costa da Mariña de Lugo. Nos posteriores días mantívose un dispositivo de alerta da CEMMA en colaboración con Protección Civil dos Concellos da Mariña, para tratar de manter o seguemento do animal. Despois dunha breve visita ao porto de Burela o peixe voltou ás costas abertas dos cantís e praias de Ribadeo, desaparecendo o venres despois de achegarse á costa de Foz |
Ler máis...
|
Luns, 08 Xuño 2009 10:02 |
No blog de Surf na Costa da Morte publicaron unhas cantas bonitas fotos do que foi a limpeza de praias organizada polo Clube de Surf Os Tombos na praia de Nemiña. Eiquí tedes unhas cantas fotos de surf e da limpeza: Chapapote en Nemiña. Brais.
|
Ler máis...
|
Venres, 08 Maio 2009 10:09 |
Verdegaia e a SGHN denuncian á Demarcación de Costas e ao Concello de Ferrol pola construción ilegal de varias rampas de formigón nas praias de Covas. As obras afectaron a varios hábitats naturais e especies botánicas legalmente protexidos. |
Ler máis...
|
Martes, 14 Abril 2009 19:18 |
VIEIROS - "E o resto da costa?". Esa é a pregunta que se fan os ambientalistas do país, preocupados polas últimas novidades ao respecto das políticas que, en materia de protección do litoral, introducirá o próximo goberno. O exemplo a seguir tivémolo recentemente en Valdoviño, onde o Concello decidíu paralizar unhas obras que comezaran no ano 2006, coa intención de construír unha urbanización na praia da Frouxeira, zona de especial protección. |
Ler máis...
|
Martes, 24 Marzo 2009 13:04 |
Os surfeiros de Barcelona andan berrando nas rúas en contra da destrucción do seu litoral e dos espigóns pra facer praias de xoguete na que os turistas poidan queimar o seu lombo os meses de verán. Xa está ben de foder as praias! Dende SurfGZ apoiamos esta loita ecoloxista.
|
Ler máis...
|
|