Ecoloxía Denuncias
Desfeita na praia de Barrañán
Xoves, 23 Maio 2019 09:51

barrañan

Nova agresión ecolóxica das administracións públicas nun espazo natural protexido. Maquinaria pesada atravesando e traballando nas dunas de Barrañán en Arteixo e alterando por completo este ecosistema considerado hábitat prioritario pola UE. Todo isto, na semana europea da Rede Natura e da Biodiversidade! ADEGA Galiza xa presentou denuncia!

Ler máis...
 
1 millón de m3 de augas residuais mineiras ameazan a ría de Noia
Martes, 08 Novembro 2016 16:02

Ria de Noia e Muros

ADEGA - A volta á explotación do histórico xacemento de estaño-wolfram de San Fins (Lousame), hoxe propiedade da mineira "Tungsten San Finx SL" (Grupo SACYR) pode supoñer unha nova ameaza ambiental para toda a ría de Noia. Xa en 2008 o reinicio da actividade mineira foi obxecto de denuncia por non ter sometido a información pública o preceitivo Estudo de Impacto Ambiental. Agora a empresa vén de solicitar permiso a Augas de Galiza para verter no medio  arredor de 1 millón de metros cúbicos anuais de augas residuais mineinas procedentes das galerías inundadas e da escorrentía das entulleiras.

Ler máis...
 
Outra bandeira negra pra denunciar o urbanismo salvaxe da costa da Mariña
Xoves, 23 Xuño 2016 09:26


Ecoloxistas en Acción - Na zona da Mariña de Lugo destacamos como modelo do que non hai que facer en relación co urbanismo a Barreiros, pero este non é un caso único. Na comarca, pódese falar tamén de Foz, San Cibrao, Viveiro, O Vicedo, etc. O resultado é unha paisaxe esnaquizada, urbanizacións pantasma, vivendas a medio construír abandonadas, e un longo etcétera que nos mostra un modelo de crecemento urbanístico como os xa presentes nas Rías Baixas.

Ler máis...
 
Crude Awakening [VIDEO]
Venres, 28 Agosto 2015 09:26

Vídeo de denuncia do derrame de petróleo o pasado 19 de Maio do 2015 en California que matou a milleiros de animais mariños e paxaros. Un gran grupo de surfeiros remaron 5 millas mar adentro para chegar ate diante da plataforma petrolífera e denunciar este tipo de atentado medio ambiental.

Ler máis...
 
Comunicado Mundakako Surf Taldea #SaveMundaka
Xoves, 14 Maio 2015 08:32

Mundakako Surf Taldea (MST) , ante a reconstrución posta en marcha na Praia de Laida quere mostrar a súa oposición a esta actuación , reclama a súa paralización e insta as autoridades a protexer a Barra de Mundaka. O proxecto presenta serios interrogantes sobre a súa efectividade e non se realizaron os estudos necesarios para valorar as posibles consecuencias sobre a Barra de Mundaka .

Ler máis...
 
Asina en Change.org pra salvar Mundaka
Mércores, 13 Maio 2015 09:09

Change.org - Xa comezou o dragado de Mundaka. As obras de 40.000 metros cúbicos de area da zona do porto para a súa posterior vertedura na praia de Laida, en Ibarrangelu, xa ameazan unha das mellores ondas do mundo. Onte xa se puido ver unha escavadora e un camión dentro da ría e removendo a area a escasos metros da beira cando se anunciou que as obras se realizarían a máis de 100 metros da auga. Vídeo gravado por Ibon Garmendia

Ler máis...
 
O Goberno Basco destrue a millor onda de Europa #SaveMundaka
Mércores, 13 Maio 2015 09:09

Surfingbizkaia Web - As competencias que están detrás do dragado de Mundaka menten e riense da xente. 40.000 Metros cúbicos que saen dos meandros da "Reserva de Urdaibai" , camións e escavadoras esnaquizando unha "Reserva da Biosfera". Están Dragando a 20 metros da barra non a 100 como prometían e sen supervisión de profesionais especializados.A area amontóana na praia de Laida e non nun "embrión de praia" como aseguraban.

Non tedes respecto por nada!! OJALA O MAR PÁGUEVOS COA MESMA MOEDA!! Acordarvos todos cando votedes de quen permitiron que isto pase!! Esa debería ser nosa moeda de cambio ante esta gentuza!! Que vergoña de pais!!

Ler máis...
 
Denuncia de verquidos fecais na praia de Sabón
Mércores, 29 Abril 2015 08:23

Esta semana recibimos a denuncia de graves verquidos de augas fecais o pasado domingo na praia de Sabón grazas ao aviso de José Manuel Varela. Segundo nos comenta entrou ás 7:30 a surfear neste spot e nun rato comezou a sentir un fedor terrible como de cloacas e de súpeto atopouse remando nun mar de "merda". Dende a nosa web queremos axudar a darvos a coñecer esta situación moi perigosa xa que unha infección deste tipo pode acarrear consecuencias graves para a saude ou incluso a morte.

José tamén avisa dunha situación similar en Barrañán cada vez que chove. Pode ser que varios veciños aproveiten pra baleirar a fosa séptica cando o chove pero isto non se pode tolerar. A saúde das nosas praias é moi importante xa que nos afecta directamente e neste caso o Concello de Arteixo non está a facer ben o seu traballo.

Ler máis...
 
Non queremos Monster Boats nos Océanos! Asina por un mar limpo e vivo.
Mércores, 05 Novembro 2014 18:30

Hoxe en Greenpeace dan un paso máis na campaña por unha pesca sustentable co lanzamento do informe Monster boats, unha lacra para os océanos. Neste informe inclúense os nomes de 20 dos barcos máis grandes e destrutivos de Europa, 20 exemplos de xigantes da mar que contribúen en gran medida á sobrepesca a nivel global. Na lista atópanse 5 barcos con bandeira española. http://bit.ly/1ztwgoj


Ler máis...
 
Pantín Classic Vs Píllara das Dunas
Martes, 19 Agosto 2014 20:22

Pillara das Dunas

ADCSL Praia de Pantín - Hai algúns días amosabamos neste espazo dous pequenos ovos de Píllara das Dunas, e falabamos da importancia da conservación do seu hábitat. A Consellería de Medio Ambiente vén de publicar este mesmo ano no mes de xaneiro, o Decreto 9/2014 do Plan de Conservación da Píllara das Dunas dentro da Zona de Especial Conservación (ZEC) "Costa Ártabra", unha importante medida de protección desta pequena ave cuxa distribución está catalogada actualmente como "vulnerable".

Ler máis...
 
A Ponte da Marnela: Nova desfeita en Valdoviño
Luns, 07 Xullo 2014 00:00

Galicia Valdoviño

Adcsl Praia de Pantín - Aínda así un sempre ten confianza nos sabios, neses craneos privilexiados dos que falabamos o outro día. Sen embargo, a nós as cousas non nos acaban de quedar moi claras. Vexamos as fotografías. Temos agora dúas pontes sobre o río. Unha delas, a grande, leva sendo contruído e reconstruído aproximadamente dez anos; lévase invertido nela, imaxinamos unha chea de cartos, á vista da infraestrutura. A segunda, a pequena, foi construída por algún veciño ou usuario da praia nunha hora e como podedes comprobar na foto, está perfectamente operativa.

Ler máis...
 
Tony Butt en contra do petróleo nas Canarias
Venres, 06 Xuño 2014 09:39

Tony Butt é un surfeiro que conta cun doctorado en Oceanografía e que está en contra das prospeccións petroleiras nas Illas Canarias. Neste documental fala da súa experiencia combatindo o chapapote do Prestige no 2002. Agora podedes coñecer as súas opinións e ter máis argumentos pra loitar por un océano máis limpo.

Ler máis...
 
Non ao petróleo nas Canarias!
Venres, 30 Maio 2014 17:04


Non ao petróleo nas Canarias! Asina e comparte esta petición pra deter as prospeccións petrolíferas nas Canarias. Defendamos as sete illas e non permitamos mareas negras nas súas costas!

http://www.change.org/es/peticiones/onu-referendum-ó-paralizacion-de-las-prospecciones-petroliferas-en-canarias

Ler máis...
 
Denuncian o estado pésimo da praia de Nemiña
Domingo, 15 Xaneiro 2012 00:00

Este domingo aproveitamos pra espallar unha nova publicada en Quepasanacosta.com sobre o lamentábel estado de suciedade de Nemiña, unha das praias máis fermosas da nosa costa que se atopa chea de lixo e chapapote do Prestige. Foto: Felipe Sar.

Ler máis...
 
Todas as cidades galegas superaron en 2010 os límites de contaminación por óxidos de nitróxeno
Sábado, 08 Xaneiro 2011 00:00

Adega.info - Segundo os datos compilados por Ramón Varela, ex-presidente de ADEGA e un dos maiores expertos en contaminación de Galiza, a concentración de óxidos de nitróxeno (NOx) no ar das principais cidades galegas superou o ano 2010 os límites legais (220 ug/m3 e hora).

Todas as áreas urbanas estiveron nalgún momento por riba dos valores máximos recomendados. Particularmente graves son os casos de Ourense, Compostela, Vigo, Ferol e Pontevedra, cidades nas que ademáis estes valores máximos superáronse máis veces das legalmente permitidas (18). Descargar Informe PDF

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 2
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: