Publicidade:
O máis visitado este mes
- 17 anos de mentiras! 17 anos de loita! Chapapote Nunca Máis!
- Illa Pancha ruxe de novo!
- Voltan as Gony Z Series 2019
- Un surftrip por Galicia
- De viaxe por Galicia
- Skimboard en Areabrava
- Rutina con Pablo Montero
- Entrevista a Gony Zubizarreta - Surfing.es
- Nova sesión en Illa Pancha - 12/11/2019
- Entrevista a Extixu Extremo
Sexto aniversario do Prestige |
Xoves, 13 Novembro 2008 14:29 | |||
Foi un mércores 13 de novembro. O temporal azoutaba as nosas costas causando asolagamentos en pobos e cidades, o amarre da flota ou retencións de tráfico. A consecuencia máis grave parecía ser a morte de dúas mulleres pola caída dun guindastre na Coruña. A media tarde, Vieiros facíase eco do perigo de afundimento dunha embarcación cargada de petróleo a 28 millas ao oeste das costas de Fisterra. O xoves 14, o titular rezaba: "Confírmase a catástrofe". Os servizos de rescate conseguen remolcar o petroleiro e afástano unhas 60 millas de terra. Mentres, no mar quedan tres mil toneladas de fuel. O delegado do goberno en Galiza, Arsenio Fernández de Mesa, asegura que "non se prevé que a mancha aumente". Mentres, comezan a actuar os equipos de limpeza nas praias (Vieiros publica "¿Que facer cunha ave petroleada?"), os partidos políticos comezan un cruce de acusacións ("Polo cambio de normativa de seguridade marítima") e coñecemos aos poucos máis información do accidente ("O Prestige fora advertido de erros de seguridade").
O martes o tramo afectado pola marea negra supera xa os 300 quilómetros de costa. As manchas multiplícanse mentres se achegan ao litoral ("O Prestige afundido, unha bomba de reloxería"). As críticas tamén se suceden ("Non se fixo o trasvase de fuel cando era posíbel"; "Cinco mareas negras en Galiza dende 1976"; "O Prestige debeuse traer para a ría") e organízase o voluntariado ("Voluntarios contra o chapapote"; "Prepárase a resposta social...").
O día no que se cumpriu unha semana da catástrofe, o presidente da Xunta, Manuel Fraga, desprázase a Caión e anuncia unha dotación de 60 millóns de euros para limpar o litoral ("E Fraga? Inaugurando xornadas sobre o petróleo"). A Plataforma Nunca Máis, constituída para a ocasión, convoca unha gran mobilización de protesta para o primeiro de decembro en Santiago de Compostela ("Macromobilización o 1 de decembro"). Remata así a primeira semana de reaccións ante a maior catástrofe ambiental que asolou Galiza.
O seguimento de Vieiros recompilouse no Especial "A negra sombra do Prestige", onde se analizou polo miúdo causas, consecuencias e reaccións ante a marea negra. Tamén se fixeron eco os diferentes xornais internacionais. Isto era o que dicían entón:
{fcomments}
|