Outra bandeira negra pra denunciar o urbanismo salvaxe da costa da Mariña |
Xoves, 23 Xuño 2016 09:26 | |||
Ecoloxistas en Acción - Na zona da Mariña de Lugo destacamos como modelo do que non hai que facer en relación co urbanismo a Barreiros, pero este non é un caso único. Na comarca, pódese falar tamén de Foz, San Cibrao, Viveiro, O Vicedo, etc. O resultado é unha paisaxe esnaquizada, urbanizacións pantasma, vivendas a medio construír abandonadas, e un longo etcétera que nos mostra un modelo de crecemento urbanístico como os xa presentes nas Rías Baixas. O desenvolvemento urbanístico na Mariña e moi especialmente en Barreiros (onde existen dous espazos naturais da Rede Natura 2000: As Catedrais e Ría de Foz-Masma) degradou un dos tramos de costa de maior interese natural e paisaxístico de Galicia, ademais de reflectir un modelo de explotación turística moi intensivo no consumo de recursos naturais. O Goberno galego do Partido Popular tentou regularizar esa situación de miles de vivendas que carecían de servizos básicos a través dun convenio para executalos con 14 millóns de fondos públicos, que tamén é ilegal, e na actualidade pretende legalizar a través dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal onde se recolle a construción de miles de vivendas nun lugar onde hai 3500 habitantes. Fonte da nova: Informe Bandeiras Negras 2016 Ecoloxistas en Acción {fcomments}
|