Ecoloxía Denuncias 1 millón de m3 de augas residuais mineiras ameazan a ría de Noia
1 millón de m3 de augas residuais mineiras ameazan a ría de Noia
Martes, 08 Novembro 2016 16:02

Ria de Noia e Muros

ADEGA - A volta á explotación do histórico xacemento de estaño-wolfram de San Fins (Lousame), hoxe propiedade da mineira "Tungsten San Finx SL" (Grupo SACYR) pode supoñer unha nova ameaza ambiental para toda a ría de Noia. Xa en 2008 o reinicio da actividade mineira foi obxecto de denuncia por non ter sometido a información pública o preceitivo Estudo de Impacto Ambiental. Agora a empresa vén de solicitar permiso a Augas de Galiza para verter no medio  arredor de 1 millón de metros cúbicos anuais de augas residuais mineinas procedentes das galerías inundadas e da escorrentía das entulleiras.

Estas augas residuais mineiras, con elevada acidez e altos contidos de metais pesados, serían vertidas (previo tratamento) ao rego de San Fins, que desauga no Vilacoba e finalmente na ría de Noia. Malia a que a empresa insiste en que as augas residuais que pretende verter cumprirán cos límites legais de contaminantes, as analíticas que manexa Augas de Galiza (e que figuran na documentación do proxecto) din o contrario: mesmo a 1,5 km augas abaixo da mina os níveis de Cd (cadmio), Cu (cobre) e Zn (cinc) disoltos sobardan os límtes máximos fixados nas Normas de Calidade Ambiental (NCA) do RD 817/2015. E iso denantes de que a mina funcione a pleno rendemento...

Porén a empresa asegura que o millón de metros cúbicos que verterá polo río abaixo até a ría cumprirán cos níveis de calidade esixidos, para o que disporá dunha balsa e dun substrato filtrante con calcaria para reducir o pH. E o punto de vertido final levará estas augas até a vella balsa mineira actualmente ateigada de sedimento e con risco de derrubamento, sobre a que a empresa declina toda responsabilidade.

Hai precedentes históricos de graves danos aos ecosistemas fluviais polas verteduras desta instalación: Nos anos 50 do pasado século, a vella balsa que aínda existe na actualidade e ameaza con derrubarse en calquera intre, crebou esterilizando a vida río abaixo case até a vila de Noia.

+ info na noticia orixinal:

http://adega.gal/web/novas.php?id=540&idioma=gl&sec=7

{fcomments}

 
1 Vote

0 Comentarios

Engadir comentario


Completa o puzzle pra saber que non es un spammer
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: