Ecoloxía A Costa
#SaveMundaka Continuan os traballos de dragado en Mundaka
Venres, 15 Maio 2015 09:07

#savemundaka Nestes dous novos vídeos de Ibon Garmendia​ gravados o xoves 14 de Maio podedes ver a desfeita que están a facer na foz do río xunto enfronte da onda de Mundaka. Seica esta fin de semana os riders bascos vanse reunir pra tomar medidas e loitar contra este atentado ecolóxico. Esperamos que poidan parar a desfeita promovida polo políticos e Costas.

Ler máis...
 
Limpeza da Ría de San Cibrao - 28 de Agosto
Xoves, 28 Agosto 2014 08:59

O Clube Limosa de surf organiza unha nova Limpeza da Ría de San Cibrao este 28 de Agosto a partires das 15:30 no cobertizo do parque. Logo haberá unha charla de Tony Butt "O lixo no mar" no Asteleiro.

 
Nace Surf and Clean unha nova iniciativa en defensa das nosas praias
Luns, 28 Xullo 2014 00:11

O proxecto 'Surf and Clean' aspira a expandirse e estender a conciencia acerca do importante problema dos residuos nos océanos. A asociación sen ánimo do lucro Surf And Clean impulsa este verán un proxecto que trata de transmitir ás e os surferos un hábito sinxelo: "Sempre que vaias a surfear recolle algo da praia". Farao de maneira pioneira en Carballo, Costa da Morte, municipio de importante práctica surfera, con varias escolas de surf no seu litoral.

Surf And Clean aspira a converterse nun movemento colaborativo e de conciencia ao redor do importante problema do lixo que chega aos nosos mares e océanos. Tal e como indica o seu presidente David Blanco, nos últimos 40 anos produciuse máis plástico que en toda a historia da humanidade (fonte plasticseurope.org). Estes residuos non só teñen efectos perversos na fauna e na flora mariña senón que, ademais, acábanse introducindo na cadea alimentaria, chegando a nós de novo.

Ler máis...
 
3ª Limpeza de Praias Galegas organizada por ADEGA - 6, 7 e 8 de Xuño
Luns, 02 Xuño 2014 00:00

ADEGA convoca por terceiro ano consecutivo a limpeza simultánea de praias en toda Galiza. Un referente que xa nos anos anteriores conseguiu que centos de persoas participaran nesta actividade de denuncia e de voluntariado ambiental. A día de hoxe están programadas máis de 25 limpezas que terán lugar o próximo fin de semana do 6, 7 e 8 de xuño en toda Galiza grazas ao compromiso de numerosas persoas, conmemorando o día dos Océanos (domingo 8).

Centros de ensino, escolas de surf, asociacións culturais, concellos, ANPA... e outras moitas entidades que suman un total de 34 convocan limpezas dende A Mariña ata Nigrán. Grandes e pequenos participarán nestas limpezas para reivindicar e dar a ver un grave problema ambiental: os residuos mariños.

Ler máis...
 
Limpeza na praia da Arda - Marzo 2014 [VIDEO]
Xoves, 03 Abril 2014 02:19

Non queremos deixar pasar este bo vídeo da limpeza realizada o pasado mes na praia da Arda dentro do programa Iniciativas Oceánicas 2014 na que participaron 112 persoas e recolleron unha tonelada de lixo. Un bo exemplo de como facer as cousas.

 
Asina contra o Petróleo nas Canarias
Mércores, 26 Marzo 2014 21:00

Asina na iniciativa popular na defensa da biodiversidade e vida mariña das Illas Canarias. O vindeiro 1 de Abril os tribunais españois van decidir si Repsol poder comezar coas exploracións nunha zona que vai por en perigo o abastecemento de auga da poboación canaria, ameazas as costas con derrames e mareas negras e molestar as baleas no seu paso natural entre África e as Canarias.

Por favor asina e comparte esta iniciativa na web de SAVE CANARIAS:

http://savecanarias.org

Ler máis...
 
Iniciativas Oceánicas 2014 - 22 de Marzo
Martes, 11 Marzo 2014 00:45

Velaquí tedes a convocatoria dunha nova edición das Iniciativas Oceánicas 2014 da Surfrider Foundation o vindeiro 22 de Maroz e que ten como obxetivo limpar as costas do noso planeta nunha xornada mundial de concienciación medio ambiental. O mar está cheio de lixo, plásticos, residuos radioacticos e moitas porcalladas que o home bota sen preocuparse pola saúde dos animais mariños e a vida dos oceános. Colabora, organiza e participa nas limpezas!

Ler máis...
 
Limpeza da Ría de San Ciprián - Limosa Surf
Venres, 14 Febreiro 2014 12:31

A xente de Limosa Surf ven de presentar este vídeo coas imaxes da limpeza da Ría de San Ciprián na que colaboraron moitos voluntarios e quitaron montes de lixo das beiras da Ría. Todo un exemplo pra outros clubes e asociacións.

Ler máis...
 
O paso de Petra [VIDEO]
Martes, 11 Febreiro 2014 10:33

Fermoso vídeo de Rodri Porcelli con imaxes do paso da cicloxénesis Petra pola costa coruñesa e as ondas xigantes batendo contra os penedos, cabos e rochas de granito que resisten a forza do mare e o paso do tempo.

Ler máis...
 
Eivissa diu NO [VIDEO]
Martes, 28 Xaneiro 2014 16:19

A illa de Eivissa non quere plataformas petrolíferas nas súas costas nin proximidades mais o governo non escoita o berro da xente e está decidido a comezar coas investigacións e as posibilidades de atopar crú no Mediterráneo. En caso de derrame as consecuencias serán mortais pra moitos mamíferos maritímos, aves e peixes e moi negativas para a poboación das illas Baleares.

Ler máis...
 
Unha quinta parte da Costa Galega atópase baixo ladrillos!
Luns, 19 Agosto 2013 09:33

Hoxe comezamos a semana cun dato moi importante sobre o deterioro da nosa costa, o 25% da nosa costa está baixo ladrillos, grazas a moitos anos de políticas liberais da dereita galega e dos caciques da costa de todas as cores políticas que se enriqueceron facendo edificios que agora non se poden legalizar como o caso do Concello de Barreiros e as súas 3.000 vivendas valeiras ou zonas como Baiona ou Sanxenxo con toda a liña de costa destrozada.

Costa degradada no Concello de Barreiros

Ler máis...
 
Colabora na limpeza simultánea de praias polo Día Mundial dos Océanos este 8 de Xuño!
Mércores, 05 Xuño 2013 14:43

ADEGA - Un ano máis ADEGA organiza a II Limpeza simultánea de praias con motivo do Día Mundial dos Océanos, este 8 de xuño, sábado. Dando continuidade á limpeza simultánea de 2012 que contou coa participación de máis de 700 persoas, ADEGA convoca de novo a todas as entidades interesadas a unirse neste evento de reivindicación e educación ambiental contra a contaminación mariña.

O 8 de xuño diferentes grupos de toda Galiza, centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubes de piragüismo, vela, asociacións de todo tipo ou grupos de particulares están chamados a limpar as praias e denunciar esta problemática ambiental. Se queres participar contacta con ADEGA.

Ver todas as Limpezas simultánea de praias 2013

Ler máis...
 
Marcha contra ENCE - Sábado 1 de Xuño
Mércores, 22 Maio 2013 15:10

Xa está ben de surfear con chumbo e mercurio na Ría de Pontevedra por mor da industria contaminante imposta polo réxime franquista na nosa costa. Non queremos mares poluídos e rías contaminadas. Queremos un mar limpo e cheio de vida. O sábado 1 de Maio colle a túa prancha de surf e manifesta a túa repulsa. ENCE FÓRA DA RÍA! Celulosas NON!

 
Apoio á Declaración de Parque Natural para o Monte Pindo
Luns, 06 Maio 2013 21:28

Acabamos de recibir esta solicitude de apoio a prol da Declaración de Parque Natural para o Monte Pindo de parte da Asociación Monte Pindo Parque Natural, un colectivo plural, democrático e transparente que traballa a prol da protección do Monte Pindo na Costa da Morte. Por favor colaborade con esta iniciativa compartíndoa nas vosas Redes Sociais.

Estamos firmemente convencidos de que o Monte Pindo merece e debe ser proclamado Parque Natural. Os fundamentos principais que avalan a nosa convicción son os seguintes:

Monte Pindo

Ler máis...
 
Éxito da limpeza de Doniños!
Luns, 25 Marzo 2013 01:30

Unhas 50 persoas acudiron á chamada do Océano Surf Clube pra limpar a praia de Doniños esta pasada fin de semana a pesar do mal tempo e a choiva. Moitos riders de Ferrolterra, socios do clube, alumnos da escola The Camp e simpatizantes da natureza arrexuntáronse o sábado ás 12:00 e limparon moitos plásticos e lixo. Encheron 8 contenedores e traballaron a reo. Noraboa e grazas por manter as praias limpas tamén no inverno. 

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>

Páxina 3 de 6
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: