Ecoloxía A Costa
Participa nas Iniciativas Oceánicas 2011!
Luns, 21 Febreiro 2011 00:09

A Surfrider Europa ven de anunciar que xa está aberto o prazo pra participar nas xornadas europeas de limpezas de praias en dentro do proxecto das Iniciativas Oceánicas 2011. Xa están organizadas 344 limpezas das que 2 serán na nosa costa por SilfoCamps e Prado Surf Escola, en Malpica e Nigrán respectivamente. Dende SurfGZ queremos apoiar esta iniciativa dándolle a maior difusión posible todo este mes.

Ler máis...
 
Verdegaia demanda a paralización das obras levadas a cabo por Costas en praias de Ferrol
Sábado, 29 Xaneiro 2011 00:00

Verdegaia ven de denunciar ante o Servizo de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia o impacto ambiental que están a ocasionar as obras do proxecto de “Restauración Ambiental das praias da Coviña, O Vilar, A Fragata e Esmelle” no Concello de Ferrol (L.I.C. Costa Ártabra e Z.E.P.A. Costa de Ferrolterra-Valdoviño), vulnerando a legalidade.

Ler máis...
 
Denuncian o mal estado do Castro de Baroña
Martes, 14 Decembro 2010 18:11

Cultura Galega.org - O castro de Baroña é o segundo xacemento arqueolóxico máis visitado do país, despois do castro de Santa Tegra. O castro de Baroña, en Porto do Son, excavado a partir dos anos 70, sufre as consecuencias dun clima duro e un incensante tráfico de visitantes ao longo do recinto. Ángel Concheiro foi o responsable de analizar a 'saúde' do Castro de Baroña e localizou seis puntos críticos nos que o castro se está a ver seriamente afectado.

Ler máis...
 
Asina pra salvar unha onda irlandesa!
Luns, 02 Agosto 2010 00:00

Os nosos curmáns irlandeses solicitan a nosa axuda pra recoller sinaturas a prol dunha das mellores ondas irlandesas. Esta onda está ameazada pola construcción dun novo peirao. Xa levan máis de 8.000 sinaturas e ti podes axudar a parar esta desfeita asinando na seguinte ligazón:

http://www.petitiononline.com/Doolin10/petition.html

CRAB ISLAND

Día clásico en Doolin

Ler máis...
 
Limpeza en Ponzos - 12 Xuño
Venres, 11 Xuño 2010 14:53

Ler máis...
 
Limpeza en Area Maior - Malpica - 20 Marzo
Venres, 19 Marzo 2010 15:01

Outra limpeza mañá as 10:00 na praia de Area Maior en Malpica de Bergantiños organizada por SilfoCamps. Acudide e participade!

Tedes toda a info nesta ligazón:

http://www.initiativesoceanes.org/cleanup.php?idclean=796&lang=3&lang=3

 
Limpeza de Praia en Doniños - 21 de Marzo
Venres, 19 Marzo 2010 10:22

Jesús Busto - Este domingo terás a oportunidade de participar un ano máis na campaña de Limpezas de Primavera que desde hai 15 anos organiza Surfrider Foundation en Europa. O obxectivo da campaña, ademais de limpar, é lanzar a mensaxe á sociedade de que habemos de actuar rapidamente en favor dos mares e os océanos.

Como desde hai 11 anos o Océano Surf Club súmase á campaña organizando unha limpeza na praia de Doniños, á que estades todos convidados. A cita é o domingo día 21 ás 12:00 horas, no aparcadoiro de Outeiro. Podedes consultar onde se celebran outras limpezas picando nesta ligazón.

Trátase dunha moi boa oportunidade para que devolvamos ao océano, e a todas as especies que habitan nel, unha pequena parte das inmensas satisfaccións que nos dan, ofrecéndolles por unhas poucas horas o noso esforzo.

Ler máis...
 
Imaxes do temporal - Jesús Busto
Xoves, 25 Febreiro 2010 01:12

Desde la Croa nos chegan estas impresionantes fotografías de Ferrolterra o día de onte...

Ler máis...
 
Desfeita ambiental en Valdoviño
Mércores, 13 Xaneiro 2010 02:00


ADEGA vén de denunciar o grave atentado ecolóxico perpetrado contra da lagoa da Frouxeira en Valdoviño consistente na apertura, sangrado e desecado desta coa autorización e dirección da Consellería do Medio Rural, que afectan gravemente ao humidal protexido e a especies ameazadas. Estas operacións, efectuadas en pleno LIC e ZEPA da Costa Ártabra, tiveron lugar entre novembro e decembro de 2009, sendo a última apertura a que provocou a destrución da barreira de area que conformaba a regulación natural do nível hídrico da lagoa. Trátase da mesma política que aplicou o franquismo dende os anos 50 para acabar cos humidais por "improdutivos e insalubres", como a lagoa de Antela.

Ler máis...
 
Verdegaia rexeita o edificio da Escola de Surf en Doniños
Martes, 24 Novembro 2009 01:00

Verdegaia.org - Verdegaia rexeita o edificio de salvamento e escola de surf previsto nas dunas de Doniños por afectar a hábitats e especies protexidos. Considera, ademáis, que as medidas previstas tanto para "integrar" o edificio na contorna natural como para rexenerar o sistema dunar carecen do máis mínimo rigor, estando abocadas ao fracaso. Verdegaia informa que ven de apresentar alegacións ao Estudo de Impacto Ambiental do proxecto de "Rexeneración, Restauración Dunar e Dotación de Equipamentos na Praia de Doniños (Ferrol)", promovido pola Demarcación de Costas en Galicia a instancias do Concello de Ferrol.

Ler máis...
 
Sete anos de Chapapote! [VIDEO]
Venres, 20 Novembro 2009 01:00

7 anos despois e todo segue igual, non temos barreiras novas, non temos buques e o Prestige continua no fondo do mar botando litros de merda todo-los días. Eiquí tedes un video pra non esquecer a marea máis neghra que asolagou as nosas vidas. CHAPAPOTE NUNCA MÁIS!

Ler máis...
 
Comeza o despece da 'Yamburg' en Corrubedo
Xoves, 19 Novembro 2009 01:00

Anosaterra.org - Comezan os traballos de despezamento da gabarra Yamburg, varada durante dez meses nas Cobas, nas inmediacións da praia de Balieiros en Corrubedo, Ribeira. A embarcación encallou o 19 de xaneiro duante un temporal cando era remolcada dende o porto grego do Pireo cara a Tallín (Estonia).

Ler máis...
 
Protexer a costa, garantía de futuro: por Touriñán non pasarán!
Mércores, 16 Setembro 2009 01:00

ADEGA.info - Ti podes esixirlles a políticos e empresarios sen escrúpulos que cumpran a lei: participa con ADEGA na defensa de Touriñán e boicota os produtos de Pescanova!

Ler máis...
 
Novas fotos da III Limpeza de Nemiña
Luns, 08 Xuño 2009 10:02

No blog de Surf na Costa da Morte publicaron unhas cantas bonitas fotos do que foi a limpeza de praias organizada polo Clube de Surf Os Tombos na praia de Nemiña. Eiquí tedes unhas cantas fotos de surf e da limpeza:


 
Chapapote en Nemiña. Brais.
Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>

Páxina 5 de 6
Cartel

Atención! Este sitio emprega cookies e tecnoloxías similares.

Non mudar a configuración do teu navegador implica que aceptas o seu uso.

Acepto

Sobre Nós

Surf GZ é un xornal surfeiro que ten coma obxetivo promover e espallar a cultura da xente da praia pola Rede. Levamos traballando dende 2008 e levamos máis de 4.000 novas publicadas grazas ao traballo dos nosos colaboradores.

Colabora connosco!

Podes colaborar connosco como corresponsal ou fotógrafo enviando os teus artigos, fotos, vídeos, crónicas de campionatos e outros eventos. Estamos encantados de publicar os vosos traballos pra que cheguen a máis xente. Axúdanos!

As nosas Redes

Podes seguirnos nas Redes sociais onde estamos publicando e compartindo novas de seguido. Únete á conversa en: