Limpezas de Praias - Doniños, 26 de Marzo

O surfeiro ferrolán Jesús Busto organiza unha limpeza o vindeiro 26 de Marzo dentro do programa das Iniciativas Oceánicas 2011 da Surfrider Foundation. Por favor se estás interesado en colaborar e participar podes contactar con el pra ir falando. Un ano máis, e con esta edición xa son 11, o Océano Surf Club únese á campaña "Iniciativas Océano" impulsada por Surfrider Foundatión. A tradicional campaña de limpezas de primavera desenvolverase este ano no fin de semana entre o 24 e o 27 de marzo.

A limpeza organizada polo Océano Surf Club terá lugar na praia de Doniños, zona de Outeiro, o sábado 26 de marzo, iniciándose a mesma ás 12 do mediodía. Tamén podedes colaborar nas limpezas de Patos (Nigrán) e Arealonga (Malpica de Bergantiños)

E por que se organiza esta campaña de limpezas? Pois creo que abonda con que cada un deámonos unha volta pola nosa praia habitual para que resulte evidente. As praias, os cantiis, os lagos, as ribeiras dos ríos, ..., convertéronse no "destino" de toneladas e toneladas de refugallos que proveñen das cidades, industrias, ...

Por pór un exemplo, Doniños. Despois do inverno, os refugallos acumulados durante meses pódese dicir que tomaron literalmente algunhas zonas da praia, e en particular as canles polos que desemboca a lagoa. Toneladas de residuos de todo tipo, restos de animais mortos, .... Un longo e desagradable etcétera que nos mostra unha realidade que non coñece de fronteiras nin de países ricos ou pobres.

Evidentemente o obxectivo destas limpezas non é deixar o litoral absolutamente limpo. Sería inútil e utópico exporse ese obxectivo. Primeiro porque o volume de residuos é tal, que o traballo voluntario dunhas poucas decenas de persoas resultaría totalmente insuficiente. E segundo porque posiblemente en menos dun mes a situación volvería ser similar.

O que se pretende coas limpezas é denunciar unha situación, un problema, que é global, e que se está cobrando xa as súas vítimas. Cada ano miles de peces e mamíferos mariños morren por efecto desta contaminación.

As limpezas buscan chamar a atención ás autoridades non só para que se destinen medios para as limpezas destas paraxes naturais, senón tamén, e o que é máis importante, para que lexislen normativas e alcancen compromisos que permitan nun futuro reducir de modo considerable algo parecido ao que se podería considerar como unha "praga" global.

Así que facendo propio o slogan de "Actúa localmente, pensa globalmente", o sábado 26 esperámosvos a todos na praia de Doniños.


Artigo Orixinal: http://oceanosurfclub.blogspot.com/2011/03/iniciativas-oceano.html

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.