864 puntos de verquidos nas nosas Rías

O Plan de Control de Verteduras sitúa nas rías de Arousa e de Vigo case a terceira parte destes focos, con 159 e 116, respectivamente, mentres que na Ría de Muros-Noia localiza 105; na Ría de Pontevedra 62; na de Ferrol 77; e na da Coruña 52. Non todas estas verteduras son prexudiciais e moitos son inevitábeis, como ocorre coas augas pluviais, pero en case a metade constatouse contaminación.

Ría de Ortigueira - Fonte: Galipedia

Aínda que se evidencia unha redución dos focos de vertedura respecto dos 1.588 detectados en xuño de 2009, aínda está lonxe a meta dunhas rías plenamente saneadas, a pesar de que a Unión Europea fixara o ano 2005 como data límite para que todas as poboacións cun censo de máis de 2.000 habitantes contasen cun sistema de depuración para as augas residuais urbanas.

En Galicia o 57 por cento dos puntos de vertedura esconden augas residuais urbanas sen depurar que terminan no dominio público por deficiencias nas redes de saneamento, verteduras puntuais de alivios das redes, conexións erróneas en redes separativas ou carencias de sistemas de saneamento ou de depuración.

Noticia enteira en:

http://www.xornal.com/artigo/2011/03/27/galicia/rias-gallegas-soportan-puntos-vertido/2011032712370100289.html

Usamos cookies

Usamos cookies no noso sitio web. Algúns deles son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outros axúdannos a melloralo canda a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesmo se queres permitir cookies ou non. Ten presente que se os rexeitas, é posíbel que non poida utilizar todas as funcionalidades do sitio.